O Estudiantes remata campión provincial en ámbas as dúas categorías

O Cidade de Lugo e o Franciscanos completaron o podio na feminina, mentres que o Ensino rematou segundo na masculina

Feminina 

Segunda Fase Grupo 1 

A Segunda cadete repartiu os metais esta fin de semana e o Estudiantes levouse o ouro provincial en ámbas as dúas categorías. Na feminina o equipo celeste rematou con cinco vitorias tras superar ao Sarria por 79-29.

No segundo posto quedou o Cidade de Lugo, que esta derradeira xornada gañou ao Franciscanos por 56-62.

Consulta a clasificación aquí

 

ESTUDIANTES 79 - 29 SARRIA

Estudiantes Lugo: Carlota, Noa, María, Valle, Marina, Daniela, Claudia, Candela, Cayetana e Ania.
CB Sarria: Aroa, Lúa, Celia, Elena, Martina, Paula, Dana Sofía, Alejandra e María.
Parciais: 09-02/19-09/22-08/19-10.
Cancha: Anexo do Pazo.

FRANCISCANOS 56 - 62 CIDADE DE LUGO

Franciscanos: Olalla, Ainara, Carlota, Oriana, Gabriela, Xiana, Laura, Andrea, Noa, Candela, Malena e Susana.
Cidade de Lugo: Noa, Carolina, Claudia, Alba, Cora, Antía, Estrella, Leire, Nuria, Carmen, Ángela e Paula. 
Parciais: 11-17/18-17/09-14/18-14.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 4

Franciscanos 79 29 Cidade de Lugo
Estudiantes Lugo 56 62 Sarria

 

Segunda Fase Grupo 2

No grupo 2 rematou líder o Burela, con catro vitorias en catro partidos tras superar ao Estudiantes Azul. Foi un partido igualado, que rematou caendo do lado das locais por só catro puntos de diferenza.

As celestes quedaron segundas, seguidas do Ensino Lugo, aúnda que ambos os dous equipos quedaron igualadas a 5 puntos na clasificación.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 55 - 51 ESTUDIANTES AZUL

Burela: Maite, Paula, Miranda, Natalia, Sara, Leire, Alina, Carla, Brenda, Sara e Carlota.
Estudiantes Azul: Carla, Alicia, Adriana, Arianny, Alba, Lucía, Daniela, Adriana, Adriana L, Rosa e Ania.
Parciais: 16-06/14-18/07-15/18-12.
Cancha: Vista Alegre.

 

Resultados xornada 4

Burela 55 51 Estudiantes Azul
  D Ensino

 

Masculina 

2ª Fase Liga Regular Grupo 1

Na categoría masculina o Estudiantes rematou campión pechando a segunda fase con vitoria fronte ao Ensino. Os dous equipos remaron ata o final, pero os celestes impuxéronse por 77-73. Con isto, poñen o punto de mira no ascenso.

O Ensino Lugo rematou no segundo posto, con seis puntos, dous máis que o Cidade de Lugo, que foi terceiro.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 77 - 73 ENSINO

Estudiantes Lugo: Nicolás, Jacobo, Pablo,Javier, Andrés, Sergio, Lucas, Juan, Mikel e Lucas.
Ensino Lugo: Kevin, Gerardo, Sergio, Unai, Pablo, Julián, Pablo B, Álvaro e Saúl.
Parciais: 17-19/22-18/12-14/26-22.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 6

Estudiantes 77 73 Ensino
  D Cidade de Lugo

 

2ª Fase Liga Regular Grupo 2

No grupo 2 esta fin de semana celebrouse o partido pendente entre o Viveiro e o Sarria, que rematou con triunfo dos da Mariña. Aínda que comezaron mellor os amarelos, o cadro local foi quen de meterse no partido e acabar vencendo cunha diferenza de catro puntos.

Con isto, o Viveiro rematou no segundo posto e o Sarria no terceiro, mentres que o Celtas, que xa sentenciara o liderado a semana anterior, quedou con 8 puntos.

Consulta a clasificación aquí

VIVEIRO 54 - 50 SARRIA

CB Viveiro: Roque, Ángel, Victor, Juan, Daniel, Daniel G, Carlos, Miguel, Felipe e Óscar. 
CB Sarria: Diego, David, Alejandro, Jesús, Andrés, Xandre, Dimas, Manuel, Gustavo, Izan e Iago.
Parciais: 07-14/18-14/13-10/16-12.
Cancha: Viveiro.

 

Resultado pendente xornada 5

Viveiro 54 50 Sarria
  D Celtas
 

 

2ª Fase Liga Regular Grupo 3

No grupo 3 o liderado decidiuse esta xornada. Enfrontaronse o Estudiantes Rojo, coma local, e o Estudiantes Azul, coma visitante, e trala vitoria dos visitantes, decantouse o primeiro posto ao seu favor, quedando ambos con sete puntos.

O Melmar Sanxillao rematou a fase con só catro puntos.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES ROJO 47 - 66 ESTUDIANTES AZUL

Estudiantes Rojo: Martín, Santiago, Álvaro, Izan, Duarte, Iker, Manuel, Andrés, Kevin e Mateo.
Estudiantes Azul: Daniel, Paio, Iker, Ángel, Sergio, Adrián, Nicolás, Héctor, Omar e David.
Parciais: 08-09/14-16/13-21/12-20.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 6

Estudiantes Rojo 47 66 Estudiantes Azul
  D Melmar IES Sanxillao