O Burela gaña na casa ao Básquet Coruña U15 e segue a xeira de vitorias

Os laranxas mantéñense líderes no grupo norte da fase de ascenso, mentres que na feminina o Sarria foi derrotado a domicilio polo club coruñés 

Masculina

FASE DE ASCENSO

O Burela comezou a segunda volta da fase de ascenso cunha vitoria. Os laranxas volveron vencer ao Básquet Coruña 15, esta vez no Vista Alegre. O equipo lucense saíu á pista despregando todo o seu potencial e fixo un gran primeiro cuarto que xa condicionou en gran medida o partido. Seguiron mandando no marcador e a volta do descanso fixeron un dos mellores cuartos da temporada, conseguindo un parcial de 27-06. Foron rotando xogadores ata que ao final o resultado quedou en 76-38.

BURELA 76 - 38 BÁSQUET CORUÑA U15

Burela: Javier, Álvaro, Alejandro, Nicolás, Darío, Esteban, Ignacio, Lucas, Brais e Iker.
Básquet Coruña U15: Mateo, Diego, Pablo, Manuel A, Mauro, Martín, Carlos, David e Iván.
Parciais: 17-08/15-11/27-06/17-13.
Cancha: Vista Alegre.

 

2ª CADETE MASCULINA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 4

Burela 76-38 Básquet Coruña U15
Tirso de Molina 58-60 Básquet Coruña U16

Próxima xornada

Tirso de Molina - Básquet Coruña U15
Básquet Coruña U16 - Burela

 

COPA PREMIUM

Na Copa Premium o Sarria segue liderando a clasificación tras conseguir a vitoria número tres. Os amarelos gañaron con solvencia ao Estudiantes Azul na casa, conseguindo un resultado de 84-41. Tamén se levou un triunfo o Estudiantes, que se impuxo ao Ensino Galén a domicilio por 40-78. A xornada a pechou o encontro entre o Cidade de Lugo e o Estudiantes Rojo, partido que remataron vencendo os locais por 71-57.

2ª CADETE MASCULINA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 3

Cidade de Lugo 71-57 Estudiantes Rojo
Sarria 84-41 Estudiantes Azul
Ensino Galén 40-78 Estudiantes

Próxima xornada

Cidade de Lugo - Estudiantes
Estudiantes Azul - Ensino Galén
Estudiantes Rojo - Sarria

 

Feminina

FASE DE ASCENSO

O Sarria caeu de novo contra o Básquet Coruña, esta vez, en Riazor. Malia que o partido comezou moi igualado, as locais colleron a dianteira antes do descanso. O conxunto amarelo intentou recortar distancias no terceiro período, pero nos derradeiros minutos o partido volveu ser dominado polas da Coruña e leváronse os dous puntos cun  marcador de 51-41. Con isto, o Sarria segue sen ver a vitoria na fase de ascenso e afástase do obxectivo.

BÁSQUET CORUÑA 51 - 41 SARRIA

Básquet Coruña: Mar, Laura, Sara, Adriana, Alexandra, Arola, Rayane, Noa, Irene, Emma e Carolina.
CB Sarria: Lúa, Celia, Lúa L, Eva, Clara, Sara, Paula, Paula M, Dana, Alejandra, Rosa e Alejandra V.
Parciais: 11-10/13-07/12-16/15-08.
Cancha: Riazor.
 
2ª CADETE FEMININA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 4

Básquet Coruña 51-41 Sarria
Culleredo 28-63 Maristas Coruña

Próxima xornada

Culleredo - Sarria
Maristas Coruña - Básquet Coruña

 

COPA PREMIUM

En canto á Copa Premium, o Franciscanos e o Cidade de Lugo seguen invictos. As primeiras superaron ao San Lorenzo Ensino cun amplo marcador de 29-66. No caso do Cidade, gañou nun partido máis axustado ao Viveiro por 35-23. A vindeira fin de semana enfrontaranse entre eles para decidir quen asume polo momento o liderado. 

 
2ª CADETE FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 2

San Lorenzo Ensino 29-66 Franciscanos
Cidade de Lugo 35-23 Viveiro

Próxima xornada

Viveiro - San Lorenzo Ensino
Francicanos - Cidade de Lugo

 

Consulta as clasificacións aquí