O Burela segue invicto na fase de ascenso tras superar o encontro contra o San Tirso

Os laranxas impuxéronse a domicilio con oito puntos de vantaxe, mentres que na feminina o Sarria foi superado a domicilio polo Maristas Coruña

Esta fin de semana celebrouse a terceira xornada da fase de ascenso, ademais da estrea da Copa Premium feminina.

Consulta as clasificacións aquí


 

Masculina

FASE DE ASCENSO

O Burela conseguiu o domingo a terceira vitoria consecutiva na fase de ascenso, tras impoñerse ao Tirso de Molina. Os laranxas comezaron máis intensos e leváronse o primeiro parcial por 08-16, pero, no segundo cuarto, os locais os frearon e os erros na defensa lucense fixeron que o partido se igualara. Tralo paso polos vestiarios o Burela volveu impoñer o seu ritmo e ampliaron a vantaxe no terceiro período. O Tirso tentou recortar distancias no último cuarto, pero os dous puntos caeron do lado dos lucenses cun taboleiro de 56-64.

TIRSO DE MOLINA 56 - 64 BURELA

Tirso de Molina: Pablo, Juan J, Ignacio, Rodrigo, Gonzalo, Daniel, André, Miguel e Francisco.
Burela: Javier, Álvaro, Alejandro, Nicolás, Darío, Esteban, Christian, Ignacio, Lucas, Álvaro e Iker.
Parciais: 08-16/15-12/13-25/20-11.
Cancha: Colexio Tirso de Molina.

 

2ª CADETE MASCULINA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 3

Básquet Coruña U16 66-49 Básquet Coruña U15
Tirso de Molina 56-64 Burela

Próxima xornada

Burela - Básquet Coruña U15
Tirso de Molina - Básquet Coruña U16

 

COPA PREMIUM

Na segunda xornada da Copa Premium o Estudiantes Azul e o Estudiantes Rojo adiaron polo momento o seu encontro. Quen si xogaron foron o Ensino Galén e o Cidade de Lugo, enfrontáronse nun partido moi igualado que se acabou levando o Galén por unha diferenza de só tres puntos. O Sarria gañou a domicilio ao Estudiantes Lugo noutro choque moi competido. Os amarelos conquistaron o marcador cun resultado de 45-53.

2ª CADETE MASCULINA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 2

Ensino Galén 54-51 Cidade de Lugo
Estudiantes Lugo 45-53 Sarria
Estudiantes Azul A Estudiantes Rojo

Próxima xornada

Cidade de Lugo - Estudiantes Rojo
Sarria - Estudiantes Azul
Ensino Galén - Estudiantes

 

Feminina

FASE DE ASCENSO

Na categoría feminina, o Sarria leva tres derrotas na fase de ascenso. As amarelas caeron esta xornada contra o Maristas Coruña a domicilio, cun resultado de 65-32. Na primeira metade as lucenses mantiveron un bo carácter, pero despois do descanso as locais foron aumentando a vantaxe progresivamente ata levarse o triunfo.

MARISTAS CORUÑA 65 - 32 SARRIA

Maristas Coruña: Carla, Marta, Carmen, Inés, Lucía, Alba, Raquel, Carlota, Paula e Inés. 
CB Sarria: Lúa, Celia, Lúa L, Eva, Clara, Sara, Paula, Paula M, Dana, Alejandra, Rosa e Alejandra.
Parciais: 17-12/12-10/19-06/17-04.
Cancha: Colexio Maristas. 
 
2ª CADETE FEMININA - FASE DE ASCENSO NORTE

                                    Resultados xornada 3

Maristas Coruña 65-32 Sarria
Culleredo 76-46 Básquet Coruña

Próxima xornada

Básquet Coruña - Sarria
Culleredo - Maristas Coruña

 

COPA PREMIUM

Esta fin de semana estreouse a Copa Premium na feminina. As primeiras vitorias da nova clasificación caeron do lado do Cidade de Lugo e do Franciscanos. Os primeiros superaron ao San Lorenzo Ensino por 30-54, mentres que o Franciscanos gañou ao Viveiro tamén a domicilio, cun taboleiro de 23-52.

 
2ª CADETE FEMININA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 1

San Lorenzo Ensino 30-54 Cidade de Lugo
Viveiro 23-52 Franciscanos

Próxima xornada

San Lorenzo Ensino - Franciscanos
Cidade de Lugo - Viveiro