Vitoria do Burela na fase de ascenso e estrea da Copa Premium masculina

Os laranxas impuxéronse ao Básquet Coruña na segunda xornada, mentres que o resto de lucenses estreáronse na nova competición

A fase de ascenso continua coa celebración da segunda xornada, na que o Burela, na masculina, conseguiu os dous puntos, pero o Sarria, na feminina, caeu. Esta fin de semana, ademais, se estreou a Copa Premium.

Consulta as clasificacións aquí


 

Masculina

FASE DE ASCENSO

O Burela lidera o grupo norte da fase de ascenso masculina despois de conseguir a segunda vitoria. Esta fin de semana os laranxas impuxéronse na casa ao Básquet Coruña por 68-59. O equipo lucense fixo unha grande entrada a pista conseguindo 26 puntos e deixando aos rivais 10 por baixo. Porén, atascáronse no segundo período e tiveron que volver asentarse no campo poico a pouco ata sentenciar o partido no último período para conseguir a vitoria por 68-59.

BURELA 68 - 59 BÁSQUET CORUÑA

Burela: Javier, Álvaro, Alejandro, Nicolás, Darío, Esteban, Christian, Lucas, Álvaro, Manuel e Íker.
Básquet Coruña: Diego, Mario, Héctor, José, Manuel, Jorge, Pablo, Óscar e Marco.
Parciais: 26-16/09-16/16-18/17-09.
Cancha: Vista Alegre

 

2ª CADETE MASCULINA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 2

Básquet Coruña U15 A Tirso de Molina
Burela 68-59 Básquet Coruña U16

Próxima xornada

Básquet Coruña U16 - Básquet Coruña U15
Tirso de Molina - Burela

 

COPA PREMIUM

Esta fin de semana tamén deu comezo a Copa Premium masculina e o Estudiantes comezou conseguindo a vitoria máis ampla da xornada. Os celestes tiveron derbi de club contra o Estudiantes Rojo e impuxéronse cun resultado de 25-71. O Cidade de Lugo púxose segundo ao levarse os dous puntos fronte ao Estudiantes Azul. A terceira vitoria da fin de semana caeu do lado do Sarria, que se enfrontou ao Ensino Galén no Novo Pavillón do Chanto e decantou o marcador ao seu favor por 69-51.

2ª CADETE MASCULINA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 1

Cidade de Lugo 66-38 Estudiantes Azul
Estudiantes Rojo 25-71 Estudiantes Lugo
Sarria 69-51 Ensino Galén

Próxima xornada

Ensino Galén - Cidade de Lugo
Estudiantes Lugo - Sarria
Estudiantes Azul - Estudiantes Rojo

 

Feminina

FASE DE ASCENSO

Na feminina o Sarria caeu tamén na segunda xornada da fase de ascenso. Despois da derrota da semana pasada contra o Básquet Coruña, esta vez as amarelas foron derrotadas na casa contra o Culleredo. As visitantes saíron mellor ao parqué, conseguindo un grande parcial de inicio. As amarelas melloraron no segundo e terceiro cuarto, apertando o marcador. Malia isto, o Culleredo volveu apertarlles no último período e acabou gañando por 60-74.

SARRIA 60 - 74 CULLEREDO

CB Sarria: Lúa, Celia, Lúa, Eva, Clara, Sara, Paula, Paula M, Dana, Alejandra, Rosa e Alejandra V.
Culleredo: Claudia, Aroa, Lucía, Sabela, Carla, Paula, Suevia, Mariña, Helen e Amaya.
Parciais: 10-24/19-17/16-11/15-22.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.
 
2ª CADETE FEMININA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 2

Sarria 60-74 Culleredo
Básquet Coruña 41-44 Maristas Coruña

Próxima xornada

Maristas Coruña - Sarria
Culleredo - Básquet Coruña