O Burela estrease con vitoria na fase de ascenso

Os laranxas conseguiron gañar a domicilio ao Básquet Coruña, mentres que na feminina o Sarria non logrou levarse os dous puntos

Esta fin de semana deu comezo a fase de ascenso para a Segunda cadete.

Consulta as clasificacións aquí


 

Masculina

O Burela estreouse na loita polo pase á Primeira cunha vitoria traballada ante o Básquet Coruña U15. Os laranxas xogaron en Riazor e comezaron levándose o primeiro parcial, pero os locais apertaron para darlle a volta ao marcador antes do descanso. Despois do paso polos vestiarios o equipo da Mariña meteulle unha marcha máis e conseguiu levarse o triunfo por 63-68.

BÁSQUET CORUÑA U15 63 - 68 BURELA

Básquet Coruña U15: Mateo, Diego, Pablo, Manuel, Mauro, Luís, Martín, Juan R, Carlos, Mateo, Iván e Nicolás.
Burela: Javier, Álvaro, Alejandro, Nicolás, Darío, Lucas, Álvaro e Brais.
Parciais: 14-19/23-14/12-21/14-14.
Cancha: Riazor.

 

2ª CADETE MASCULINA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 1 

Básquet Coruña U15 63-68 Burela
Básquet Coruña U16 76-63 Tirso de Molina

Próxima xornada

Básquet Coruña U15 - Tirso de Molina
Burela - Básquet Coruña U16

 

Feminina

Na feminina o Sarria pechou a primeira xornada cunha derrota na casa contra o Básquet Coruña. Despois dunha primeira metade moi igualada na pista do Novo Pavillón do Chanto, as coruñesas decantaron o partido no terceiro período, superando a defensa amarela e levándose un grande parcial de 08-21. Dende aí o Sarria resistiu pero a vantaxe do Básquet Coruña deulles os dous puntos.

SARRIA 37 - 51 BÁSQUET CORUÑA

CB Sarria: Lúa, Carla, Celia, Eva, Sara, Paula, Paula M, Sana, Alejandra, Rosa e Alejandra V.
Básquet Coruña: Laura, Sara, Adriana, Arola, Rayane, Noa, Irene, Carmela, Emma, Cristina e Carolina.
Parciais: 08-08/12-13/09-21/08-09.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.
 
2ª CADETE FEMININA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 1 

Sarria 37-51 Básquet Coruña
Maristas Coruña A Culleredo

Próxima xornada

Sarria - Culleredo
Básquet Coruña - Maristas Coruña