O Estudiantes conseguiu a vitoria máis destacada da feminina

Na masculina os dous puntos caeron do lado do Ensino, do Celtas e do Estudiantes Rojo

Feminina 

Segunda Fase Grupo 1 

A Segunda cadete feminina celebrou a segunda xornada da nova etapa da competición. No grupo 1 o Franciscanos volveu vencer esta fin de semana, nun partido axustado contra o Cidade de Lugo. Aínda que comezaron levándose o primeiro parcial as do Cidade, un moi bo terceiro tempo fixo que todo quedara por decidirse ao final. O partido puido caer para calquera, pero as visitantes leváronse os dous puntos cunha diferenza de 56-58.

A outra vitoria da xornada foi do Estudiantes, que se impuxo ao Sarria no Novo Pavillón do Chanto. As celestes foron mellores dende o inicio e acabaron o partido cun grande marcador de 43-95.

Consulta a clasificación aquí

CIDADE DE LUGO 56 - 58 FRANCISCANOS

Cidade de Lugo: Carlona, Alba, Cora, Antía, Estrella, Leire, Paula, Araceli, Nuria, Carmen, Ángela e Paula.
Franciscanos: Olalla, Ainara, Carlota, Oriana, Gabriela, Xiana, Laura, Andrea, Noa, Candela, Malena e Susana.
Parciais: 15-05/11-16/14-22/16-15.
Cancha: Anexo do Pazo.

SARRIA 43 - 95 ESTUDIANTES

CB Sarria: Aroa, Lúa, Celia, Elena, Martina, Paula, Dana, Alejandra, María e Alejandra V.
Estudiantes Lugo: Carlota, Noa, Carla, María, Marina, Valle, Marina V, Claudia, Candela e Cayetana.
Parciais: 06-27/15-25/11-20/11-23.
Cancha: Pavillón Novo do Chanto.


Resultados xornada 2

Cidade de Lugo 56 58 Franciscanos
Sarria 43 95 Estudiantes

Próxima xornada 

Sarria - - Franciscanos
Cidade de Lugo - - Estudiantes

 

Segunda Fase Grupo 2

No grupo 2 o Burela lidera a clasificación tras conseguir o segundo triunfo da fase. As laranxas enfrontáronse na capital contra o Estudiantes Azul e, aínda que as locais empezaron mellor, acabaron remontando cun marcador de 40-53.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES AZUL 40 - 53 BURELA

Estudiantes Azul: Carmen, Alicia, Adriana, Arianny, Daniela, Lucía, María, Adriana, Adriana L, Rosa e Ania.
Burela: Maite, Paula, Miranda, Natalia, Sara, Leire, Alina, Carla, Brenda, Sara e Carlota.
Parciais: 18-10/04-15/08-18/10-10.
Cancha: Anexo do Pazo.


Resultados xornada 2

Estudiantes Azul 40 53 Burela
  D Ensino

 

Próxima xornada 

Ensino Lugo - - Burela
  D Estudiantes Azul

 

Masculina 

2ª Fase Liga Regular Grupo 1

Na masculina celebrouse a cuarta xornada e o Ensino Lugo púxose líder polo momento despois de vencer ao Cidade de Lugo. Os vermellos conseguiron impoñerse como locais no Anexo do Pazo cun marcador de 88-79. Con isto, levan así un punto máis que o Estudiantes, que aínda non viu a derrota.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO LUGO 88 - 79 CIDADE DE LUGO

Ensino Lugo: Kevin, Gerardo, Sergio, Unai, Pablo, Julián, Pablo B, Álvaro e Saúl.
Cidade de Lugo: Mateo, Mauro, Iker, Rubén, Carlos, Juan, Jorge, Mesfín, Mauro, Javier, Mateo e Pablo.
Parciais: 21-14/18-15/29-23/20-27.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 4

Ensino 88 79 Cidade de Lugo
  D Estudiantes

Próxima xornada 

Cidade de Lugo - - Estudiantes
  D Ensino

 

2ª Fase Liga Regular Grupo 2

No grupo 2 segue invicto o Celtas de Foz, que superou nesta cuarta xornada por 36-53 ao Viveiro. Con isto, o equipo de camiseta negra ocupa a segunda praza con catro puntos, por diante do Sarria, que leva dúas derrotas en dous partidos.

Consulta a clasificación aquí

VIVEIRO 36 - 53 CELTAS FOZ

CB Viveiro: Ángel, Miguel, Victor, Roque, Juan, Daniel, Daniel G, Carlos, Felipe e Óscar.
Celtas Foz: Mario, Hugo, Esteban, Illan, Iván, Daniel e Álvaro.
Parciais: 12-10/14-13/02-16/08-14.
Cancha: Viveiro.

 

Resultados xornada 4

Viveiro 36 53 Celtas Foz
  D Sarria

Próxima xornada

Viveiro - - Sarria
  D Celtas Foz

 

2ª Fase Liga Regular Grupo 3

No grupo 3 o Estudiantes Rojo conseguiu a terceira vitoria da segunda fase. Foi contra o Melmar Sanxillao coma local e cun resultado de 67-51. A vindeira semana os do Sanxillao enfrontaranse contra o Estudiantes Azul, que vai segundo.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES ROJO 67 - 51 MELMAR SANXILLAO

Estudiantes Rojo: Martín, Santiago, Sergio, Izan, Duarte, Iker, Manuel, Andrés, Kevin e Mateo.
Melmar IES Sanxillao: Víctor, Marcos, Anuar, Igor, Nicolás, Kevin, Pedro, Joao, Daniel e Hugo.
Parciais: 20-10/20-09/16-21/11-11.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 4

Estudiantes Rojo 67 51 Melmar IES Sanxillao
  D Estudiantes Azul

Próxima xornada

Estudiantes Azul - - Melmar IES Sanxillao
  D Estudiantes Rojo