Tralo final da liga regular, a feminina estreou a nova fase da competición

As lucenses volven estar divididas en dous grupos, un coas catro mellores da primeira fase e, o outro, cos tres equipos restantes

Feminina 

Segunda Fase Grupo 1 

A liga regular feminina rematou antes da Semana Santa e deu xa comezo a segunda fase. O grupo 1 está formado polos dous primeiros equiops clasificados de cada grupo da liga. Na primeira xornada enfrontáronse o Estudiantes e o Cidade de Lugo, un partido moi competido que puido caer para calquera, pero que acabou gañando o equipo visitante por só tres puntos.

O duelo entre o Franciscanos e o Sarria foi de dominio local. As da capital marcaron a diferencia no segundo cuarto e conseguiron manter a distancia no marcador ata o 73-54 final.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES 62 - 65 CIDADE DE LUGO

Estudiantes: Carlota, María, Marina, Valle, Marina, Alba, Daniela, Candela, Cayetana e Ania.
Cidade de Lugo: Noa, Carolina, Alba, Cora, Antía, Estrella, Leire, Paula, Nuria, Carmen, Ángela e Paula.
Parciais: 24-10/08-19/18-18/12-18.
Cancha: Frigsa.

FRANCISCANOS 73 - 54 SARRIA

Franciscanos: Olalla, Ainara, Carlota, Orianna, Gabriela, Xiana, Laura, Andrea, Noa, Candela, Malena e Susana.
CB Sarria: Aroa, Lúa, Celia, Elena, Martina, Paula, Dana, Alejandra, María e Alejandra V.
Parciais: 17-14/20-06/17-18/19-16.
Cancha: Anexo do Pazo.


Resultados xornada 1

Estudiantes 62 65 Cidade de Lugo
Franciscanos 73 54 Sarria

Próxima xornada 

Sarria - - Estudiantes Lugo
Cidade de Lugo - - Franciscanos

 

Segunda Fase Grupo 2

O grupo 2 está composto por tres equipos, polo que só se estrearon polo momento o Burela e o Ensino Lugo. Os dous puntos quedaron na Mariña despois de que o equipo laranxa conseguira a vitoria cun marcador de 59-36. O Estudiantes Azul sairá á pista a vindeira xornada contra o Ensino Lugo, coma visitante.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 59 - 36 ENSINO LUGO

Burela: Maite, Paula, Miranda, Natalia, Leire, Alina, Carla, Ruth e Sara.
Ensino Lugo: Jennifer, Sara, Carla, María, Claudia L, Claudia R, Iria, Aurora, Alba, Vega e Antía.
Parciais: 17-13/13-12/12-05/17-06.
Cancha: Vista Alegre.


Resultados xornada 1

Burela 59 36 Ensino Lugo
  D Estudiantes Azul

Próxima xornada 

Ensino Lugo - - Estudiantes Azul
  D Burela

 

Masculina 

2ª Fase Liga Regular Grupo 1

Na categoría masculina a segunda fase comezara hai unhas semanas e esta celebrouse a terceira xornada. O Estudiantes conseguiu a segunda vitoria consecutiva no grupo 1, co que lidera a clasificación. Os celestes impuxéronse ao Ensino por 58-83. Os ensinistas, segundos na lista, xogarán de novo na casa a vindeira xornada contra o Cidade de Lugo.

Consulta a clasificación aquí

ENSINO 58 - 83 ESTUDIANTES

Ensino Lugo: Pedro, Kevin José, Gerardo, Sergio, Unai, Pablo, Julián, Pablo, Álvaro e Saúl.
Estudiantes Lugo: Jacobo, Pablo, Javier, Sergio, Javier C, Lucas, Hugo, Juan, Mikel e Lucas L.
Parciais: 18-13/15-14/15-30/10-26.
Cancha: Anexo do Pazo.

Resultados xornada 3

Ensino Lugo 58 83 Estudiantes
  D Cidade de Lugo

Próxima xornada 

Ensino Lugo - - Cidade de Lugo
  D Estudiantes

 

2ª Fase Liga Regular Grupo 2

No grupo 2 é o Celtas de Foz quen encabeza a lista. Os da Mariña asinaron o segundo triunfo superando ao Sarria cun avultado marcador de 81-26. Os amarelos non gañaron aínda ningún partido esta fase. O Viveiro, que leva tres puntos, enfrontarase ao Celtas na próxima quenda.

Consulta a clasificación aquí

CELTAS DE FOZ 81 - 26 SARRIA

Celtas Foz: Mario, Hugo, Esteban, Illán, Iván, Daniel e Álvaro.
CB Sarria: David, Alejandro, Jesús, Xandre, Jairo, DImás, Gustavo, Daniel, Izán e Iago.
Parciais: 23-06/16-09/21-00/21-11.
Cancha: Marzán.

 

Resultados xornada 3

Celtas de Foz 81 26 Sarria
  D Viveiro

Próxima xornada

Viveiro - - Celtas de Foz
  D Sarria

 

2ª Fase Liga Regular Grupo 3

No grupo 3 manda o Estudiantes Rojo, que se fixo cos dous puntos de novo contra o seu compañeiro de club, o Estudiantes Azul. O partido tivo momentos de igualdade, pero rematou a favor do equipo visitante cunha diferenza de 56-63. O Melmar IES Sanxillao, que aínda non viu o triunfo, sairá de novo á pista a vindeira fin de semana a domicilio contra os líderes.

Consulta a clasificación aquí

ESTUDIANTES AZUL 56 - 63 ESTUDIANTES ROJO

Estudiantes Azul: Daniel, Paio, Iker, Ángel, Adrián, Nicolás, Héctor e Omar.
Estudiantes Rojo: Martín, Santiago, Hugo, Izan, Iker, Manuel, Daniel, Andrés, Kevin e Mateo.
Parciais: 15-11/15-18/17-11/09-23.
Cancha: Anexo do Pazo.

 

Resultados xornada 3

Estudiantes Azul 56 63 Estudiantes Rojo
  D Melmar IES Sanxillao

Próxima xornada

Estudiantes Rojo - - Melmar IES Sanxillao
  D Estudiantes Azul