O Burela remata invicto a fase de grupos e vai directo á final polo ascenso

Os laranxas conseguiron a sexta vitoria da competición superando ao Tirso de Molina na casa por seis puntos

Masculina

FASE DE ASCENSO

Esta fin de semana pechouse a fase de grupos polo ascenso e o Burela chegou á final invicto. Os lucenses conseguiron esta xornada a sexta vitoria ao gañarlle ao Tirso de Molina por 69-63.

O conxunto laranxa comezou collendo as primeiras vantaxes e foi administrando a diferenza no marcador ata o final. O seu rival pola praza na Primeira cadete será o Ourense, que tamén gañou os seis partidos no grupo sur. 

 BURELA 69 - 63 TIRSO DE MOLINA

Burela: Javier, Álvaro, Nicolás, Darío, Esteban, Christian, Ignacio, Lucas, Álvaro e Brais.
Tirso de Molina: Juan J, Ignacio, Rodrigo, Gonzalo, Daniel, André, Miguel e Francisco.
Parciais: 17-13/13-12/18-17/21-21.
Cancha: Vista Alegre.

 

2ª CADETE MASCULINA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 6

Básquet Coruña U15 58-70 Básquet Coruña U16
Burela 69-63 Tirso de Molina

 

COPA PREMIUM

Pola parte da Copa Premium, esta semana celebráronse dous encontros da xornada cinco. O mércores disputouse o derbi entre o Estudiantes e o Estudiantes Azul e impuxéronse os primeiros cun resultado de 83-25.

O domingo celebrouse o choque  entre o Ensino Galén e o Estudiantes Rojo no Anexo do Pazo. A vitoria caeu do lado dos ensinistas, que foron mellores e se impuxeron no marcador cun resultado de 79-57.

A falta do seu enfrontamento, a Copa é matematicamente para o Sarria, a quen lle queda disputar o derradeiro partido da competición contra o Cidade de Lugo.

2ª CADETE MASCULINA - COPA PREMIUM

Resultados xornada 5

Sarria A Cidade de Lugo
Ensino Galén 79-57 Estudiantes Rojo
Estudiantes 83-25 Estudiantes Azul

 

Feminina

FASE DE ASCENSO

Na categoría feminina o Sarria rematou a fase de ascenso no derradeiro posto. As lucenses só conseguiron gañar un dos seis partidos. Na derradeira xornada foron superadas polo Maristas Coruña, líder do grupo norte.

As amarelas comezaron recibindo un parcial en contra de 08-17, o que fixo que foran sempre por debaixo no marcador. Aínda así pecharon o curso dando a cara ata o final e con orgullo de poder ter disputado esta importante fase.

SARRIA 38 - 59 MARISTAS CORUÑA

CB Sarria: Aroa, Lúa, Carla, Celia, Lúa L, Clara, Paula, Paula M, Dana, Alejandra, Rosa e Alejandra V.
Maristas Coruña: Marta, Inés, Lucía, Alba, Raquel, Carlota, Paula e Inés.
Parciais: 08-17/11-17/07-11/12-14.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.
 
2ª CADETE FEMININA - FASE DE ASCENSO NORTE

Resultados xornada 6

Sarria 38-59 Maristas Coruña
Básquet Coruña 54-52 Culleredo

 

Consulta as clasificacións aquí