Masculina
FASE DE ASCENSO
O Burela asegurou o primeiro posto tras conseguiu a vitoria contra o Básquet Coruña. Os laranxas xogaron un partido moi igualado en Riazor que se acabou decidindo por detalles. O primeiro cuarto caeu do lado dos locais, pero antes do descanso o Burela igualou o marcador. Tralo paso polos vestiarios volveron a saír mellor os da Coruña, pero o equipo da Mariña conseguiu levarse o partido no derradeiro cuarto. A falta de unha xornada para rematar, o Burela xa é líder e xogará a final polo ascenso contra o primeiro clasificado do grupo sur.
BÁSQUET CORUÑA 53 - 57 BURELA
Burela: Javier, Álvaro, Alejandro, Nicolás, Darío, Christian, Lucas e Iker.
Parciais: 15-13/19-21/11-07/08-16.
Cancha: Riazor.
2ª CADETE MASCULINA - FASE DE ASCENSO NORTE |
---|
Tirso de Molina | 76-70 | Básquet Coruña U15 |
Básquet Coruña U16 | 53-57 | Burela |
Básquet Coruña U15 | - | Básquet Coruña U16 |
Burela | - | Tirso de Molina |
COPA PREMIUM
A Copa Premium celebrou esta fin de semana a penúltima xornada. O Sarria lidera a clasificación con oito puntos despois de superar ao Estudiantes Rojo por 55-78. No segundo posto, con sete, está o Cidade de Lugo, que gañou ao Estudiantes un competido partido por unha diferencia de só dous puntos (57-55). O Ensino Galén, cuarto clasificado, asinou a segunda vitoria ao impoñerse sobre o Estudiantes Azul a domicilio.
2ª CADETE MASCULINA - COPA PREMIUM |
---|
Cidade de Lugo | 57-55 | Estudiantes |
Estudiantes Azul | 36-67 | Ensino Galén |
Estudiantes Rojo | 55-78 | Sarria |
Sarria | - | Cidade de Lugo |
Ensino Galén | - | Estudiantes Rojo |
Estudiantes | - | Estudiantes Azul |
Feminina
FASE DE ASCENSO
Na fase de ascenso feminina o Sarria conseguiu a primeira vitoria. As amarelas xogaron a domicilio contra o Culleredo e gañáronlles por 59-70. Despois dunha primeira metade moi igualada, o equipo lucense fixo un gran terceiro cuarto no que conseguiron un parcial de 09-25. A renta permitiulles chegar tranquilas ao último cuarto e aínda que perderon ese derradeiro parcial leváronse o triunfo.
CULLEREDO 59 - 70 SARRIA
CB Sarria: Aroa, Lúa, Carla, Celia, Lúa L, Clara, Paula, Paula M, Dana, Alejandra, Rosa e Alejandra V.
Parciais: 17-17/18-17/09-25/15-11.
Cancha: O Burgo.
2ª CADETE FEMININA - FASE DE ASCENSO NORTE |
---|
Culleredo | 59-70 | Sarria |
Maristas Coruña | 46-35 | Básquet Coruña |
Sarria | - | Maristas Coruña |
Básquet Coruña | - | Culleredo |
COPA PREMIUM
A Copa Premium feminina rematou esta xornada coas vitorias do Cidade de Lugo e o Viveiro. O Cidade proclamouse campión con seis puntos tras vencer ao Franciscanos e deixalo no segundo posto. O Viveiro quedou terceiro con catro puntos ao superar ao San Lorenzo Ensino.
2ª CADETE FEMININA - COPA PREMIUM |
---|
Viveiro | 31-25 | San Lorenzo Ensino |
Franciscanos | 56-62 | Cidade de Lugo |