A provincial cadete pechou as fases finais nas categorías masculina e feminina.
Consulta a clasificación aquí
Masculina
Na categoría masculina a pasada xornada o
Burela proclamarase campión ao gañarlle ao
Sarria, así que para esta fin de semana quedaron o resto de duelos de volta por decidirse. O Estudiantes quedou terceiro despois de conseguir darlle a volta ao average e gañarlle ao
Ensino Galén por máis de 11 puntos. No quinto posto quedou o
Cidade de Lugo ao vencer de novo ao
Viveiro na volta, esta vez por 63-48. O
Estudiantes Azul tentou conseguir o sétimo posto e foi a por todas contra ao
Estudiantes Rojo no segundo duelo da eliminatoria. Gañaron por 59-56, pero non foi suficiente para darlle a volta ao average e clasificouse o Estudiantes Rojo, xa que gañara coma local por 67-46..
5º posto Volta
Cidade de Lugo |
63-48 |
Viveiro |
7º posto Volta
Estudiantes Azul |
- |
Estudiantes Rojo |
Feminina
Na feminina o
Sarria quedou campión tras gañar de novo ao
Cidade de Lugo. Na ida, as amarelas superaran o encontro con tan só dous puntos de diferenza, pero no duelo desta fin de semana gañaron por 67-56. O podio o completa o
Franciscanos, despois de gañar os dous partidos contra o
San Lorenzo Ensino. Na ida gañaran por 30-74 e na volta por 42-36.
Final Volta
Sarria |
67-56 |
Cidade de Lugo |
3º posto Volta
Franciscanos |
42-36 |
San Lorenzo Ensino |