O Burela clasifícase para a final tras gañar ao Ensino no duelo adiantado de volta

Os laranxas, que gañaran o partido de ida das semifinais na casa, superaron de novo aos da capital cun marcador de 69-43
Unha imaxe do partido da liga regular entre o Ensino e o Estudiantes. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Unha imaxe do partido da liga regular entre o Ensino e o Estudiantes. Foto: Noelia Alpe

Aínda que esta fin de semana a Segunda cadete non tiña xornada, deixou ao primeiro clasificado para a final masculina.

Consulta a clasificación aquí

 

Masculina

Na categoría masculina, o Burela e o Ensino Galén adiantaron o encontro de volta e quedou clasificado o conxunto da mariña. Os laranxas volveron levarse o triunfo e esta vez pecharon o marcador cun resultado de 69-43. A vindeira fin de semana o Estudiantes recibirá ao Sarria, son os amarelos quen parten de favoritos pois gañaron na casa. Celebraránse tamén os dous encontros de volta das semifinais polo quinto posto.

 
2ª CADETE MASCULINA

Semifinais Ida

Ensino Galén 47-67 Burela
Sarria 57-54 Estudiantes

Semifinais Volta

Burela 69-43 Ensino Galén
Estudiantes - Sarria

5º posto Ida

Estudiantes Rojo 45-63 Cidade de Lugo
Estudiantes Azul 59-56 Viveiro

5º posto Volta

Cidade de Lugo - Estudiantes Rojo
Viveiro - Estudiantes Azul

Feminina

Na feminina, despois da celebración do partido de ida das semifinais, esta semana tiveron descanso de cara á volta, que se celebrará a semana que ven. No caso da batalla polo 5º posto, o Viveiro e o Celtas de Foz saltaron á pista para celebrar o encontro de ida. Foron as visitantes quen conseguiron o triunfo cunha diferenza de 30 puntos.
 
2ª CADETE FEMININA

Semifinais Ida

San Lorenzo Ensino 28-64 Sarria
Franciscanos 53-62 Cidade de Lugo

Semifinais Volta

Sarria - San Lorenzo Ensino
Cidade de Lugo - Franciscanos

5º e 6º posto Ida

Viveiro 23-53 Celtas de Foz

5º e 6º posto Volta

Celtas de Foz - Viveiro