O Burela, o Estudiantes e o Sarria completan o podio da liga regular masculina

Esta fin de semana celebrouse a última xornada da primeira fase con vitorias do Estudiantes, o Estudiantes Rojo e o Cidade de Lugo

O Burela levouse á coroa da provincia na categoría masculina.

Consulta a clasificación aquí


Masculina

A liga regular chegou ao seu fin tamén na categoría masculina. O Burela conseguiu o primeiro posto da clasificación, seguido do Estudiantes e do Sarria. Os da Mariña e o conxunto amarelo disputaran o seu encontro correspondente a esta xornada en decembro e foran os laranxas quen se levaran a vitoria por 74-58. No caso dos celestes, ganáronlle ao Ensino Galén por 48-68, equipo que quedou ao pé do podio.

No quinto lugar rematou o Cidade de Lugo, que rematou vencendo ao Viveiro por 53-65. Os negros, con 17 puntos, foron sextos. Nesta última xornada enfrontáronse os dos últimos equipos da lista, o Estudiantes Rojo e o Estudiantes Azul. Gañaron o duelo os do Rojo, pero quedaron por debaixo na clasificación. 

 
2ª CADETE MASCULINA

Resultados xornada 14

Sarria 74-58 Burela
Viveiro 53-65 Cidade de Lugo
Ensino Galén 48-68 Estudiantes
Estudiantes Rojo 49-40 Estudiantes Azul

 

Feminina

A vindeira fin de semana disputaranse os encontros de ida das semifinais na provincial feminina. O San Lorenzo Ensino recibirá ao Sarria, líder da provincia tras rematar primeiro a liga regular. O Cidade de Lugo, que rematara coma segundo clasificado, enfrontarase contra o Franciscanos, terceiro, coma visitante. O Viveiro e o Celtas de Foz xogarán polo quinto e sexto posto tamén nunha eliminatoria a dobre volta.

 
2ª CADETE FEMININA

Semifinais Ida

San Lorenzo Ensino - Sarria
Franciscanos - Cidade de Lugo

5º e 6º posto Ida

Viveiro - Celtas de Foz