O Sarria lévase o título da liga regular vencendo ao San Lorenzo Ensino por só un punto

As amarelas confirmaron o campionato provincial na categoría feminina, quedando por riba do Cidade de Lugo, que rematou cos mesmos puntos

O ouro da liga regular feminina colgouno ao pescozo o Sarria, que gañoulle por só un punto ao San Lorenzo Ensino.

Consulta a clasificación aquí

 

Feminina

Chegou o fin da primeira fase da competición feminina, co que o Sarria rematou como campión provincial. As amarelas pecharon a derradeira xornada superando ao San Lorenzo Ensino por só un punto. A vitoria, deixounas empatadas co Cidade de Lugo a 19 puntos. As segundas clasificadas gañaron tamén esta fin de semana coma visitantes, levándose o duelo contra o Viveiro por 33-62. O Franciscanos completa o podio con 16 puntos, xa que foi superior nesta quenda ao Celtas de Foz, a quen gañou por 58-35.

 
2ª CADETE FEMININA

Resultados xornada 13

San Lorenzo Ensino 54-55 Sarria
Franciscanos 58-35 Celtas Foz
Viveiro 33-62 Cidade de Lugo

 

Masculina

Á masculina quédalle tan só a vindeira xornada para rematar a primeira fase. O Burela xa se clasificou coma líder indiscutible, xa que ten tres puntos máis que os segundo e terceiro clasificado, que son o Estudiantes e o Sarria. Esta xornada o Burela impúxose ao Estudiantes Azul por 53-74. O Sarria gañoulle ao Viveiro na casa con 20 puntos de diferenza, mentres que o Estudiantes foi moi superior que o Estudiantes Rojo nun partido que terminaron cun marcador de 74-20. O Ensino Galén afastouse un pouco máis do Cidade de Lugo, xa que lle gañou por 53-58.

 
2ª CADETE MASCULINA

Resultados xornada 13

Estudiantes Azul 53-74 Burela
Estudiantes 74-20 Estudiantes Rojo
Sarria 78-58 Viveiro
Cidade de Lugo 53-58 Ensino Galén

Próxima xornada

Sarria - Burela
Viveiro - Cidade de Lugo
Ensino Galén - Estudiantes
Estudiantes Rojo - Estudiantes Azul