O Sarria e o Estudiantes Azul leváronse dous puntos máis para a clasificación

Os dous equipos da masculina aproveitaron a fin de semana de descanso para celebrar os duelos que aprazaran contra o Cidade de Lugo e o Viveiro

Esta semana, como a maioría de competicións provinciais, a categoría cadete descansou polo Entroido. Malia isto, varios equipos lucenses da masculina aproveitaron por celebrar encontros que tiñan pendentes.

Consulta a clasificación aquí

 

Masculina

O Viveiro e o Estudiantes Azul resolveron o duelo pendente correspondente á xornada 9. Os celestes conseguiron impoñerse a domicilio cun resultado de 40-52. O outro choque que se celebrou esta fin de semana foi o do Cidade de Lugo e o Sarria. Neste caso, tamén caeu do lado dos visitantes a vitoria e os amarelos leváronse os dous puntos para a casa. O duelo, quedou marcado por un primeiro cuarto no que o Sarria conseguiu un parcial de 09-25 que o Cidade non conseguiu remontar.

 
2ª CADETE MASCULINA

Resultados partidos pendentes

Cidade de Lugo 59-69 Sarria
Viveiro 40-52 Estudiantes Azul

Próxima xornada

Estudiantes Azul - Burela
Estudiantes - Estudiantes Rojo
Sarria - Viveiro
Cidade de Lugo - Ensino Galén

 

Feminina

Na feminina, a vindeira fin de semana celebrarase a derradeira xornada. O Sarria e o Cidade de Lugo empatan a 17 puntos e ambos xogaran coma visitantes, contra o San Lorenzo Ensino e o Viveiro, respectivamente. O Franciscanos, terceiro con 14 puntos, recibirá ao Celtas de Foz.

 
2ª CADETE FEMININA

Próxima xornada

San Lorenzo Ensino - Sarria
Franciscanos - Celtas Foz
Viveiro - Cidade de Lugo