O Burela segue mandando na masculina cunha vitoria sobre o segundo clasificado

Os laranxas fixéronse co encontro celebrado no Vista Alegre contra o Estudiantes
Unha imaxe de arquivo do encontro do Estudiantes contra o Ensino. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Unha imaxe de arquivo do encontro do Estudiantes contra o Ensino. Foto: Noelia Alpe

A masculina enfrontou esta xornada a dous integrantes do podio, con vitoria dos líderes, mentres que a categoría feminina tivo xornada de descanso.

Consulta as clasificacións aquí

Masculina

O Burela mantense invicto e esta xornada afastou ao Estudiantes, segundo clasificado. Os laranxas leváronse un partido moi igualado gracias a unha mellor segunda metade. O terceiro posto está ocupado polo Sarria, que superou no Novo Chanto ao Estudiantes Rojo por 84-27. Na Mariña, o Viveiro caeu contra o Ensino Galén, que conseguiu a sexta vitoria do curso cun marcador de 44-88. Aos lucenses tan só lles quedan tres xornadas para pechar a primeira fase.

SARRIA 84 - 27 ESTUDIANTES ROJO

CB Sarria: Fausto, Daniel, Diego, Xabelo, Andrés, Mateo, Álvaro e Brais.
Estudiantes Rojo: Daniel, Paio, Sergio, Olmo, Iker, Ángel, Adrián, Nicolás, Ángel L, Iverson e Kevin Jose.
Parciais: 18-09/34-05/11-10/21-03.
Cancha: Novo Pavillón do Chanto.

BURELA 74 - 64 ESTUDIANTES

Burela: Javier, Álvaro, Nicolás, Darío, Esteban, Christian, Ignacio, Lucas, Manuel, Brais e Hugo.
Estudiantes Lugo: Nicolás, Javier, Andrés, Javier C, Bosco, Hulunayehu, Samuel, Diego, Manuel, Esteban e Pablo.
Parciais: 20-20/14-23/23-12/17-09.
Cancha: Vista Alegre.

VIVEIRO 44 - 88 ENSINO GALÉN

CB Viveiro: Pablo, Víctor, Sergio, Juan, Ze Carlos, Carlos, Felipe, Andrés, Pablo, Óscar, Iván e Francisco.
Ensino Galén: Iván, Juan, Carlos, Juan G, Yago, Samuel, Leo, Julián, Jorge, Mauro e Alonso.
Parciais: 10-14/09-27/10-27/15-20.
Cancha: Viveiro.

 

 
2ª CADETE MASCULINA

Resultados xornada 10

Burela 76-64 Estudiantes
Cidade de Lugo A Estudiantes Azul
Sarria 84-27 Estudiantes Rojo
Viveiro 44-88 Ensino Galén

Próxima xornada

Viveiro - Burela
Ensino Galén - Sarria
Estudiantes Rojo - Cidade de Lugo
Estudiantes Azul - Estudiantes

 

Feminina

Na feminina, as lucenses tiveron xornada de descanso a falla de dúas para o final da primeira fase. Polo momento, o Sarria e o Cidade de Lugo lideran a clasificación con 15 puntos. As amarelas recibirán a fin de semana que ven ao Viveiro, mentres que as do Cidade serán anfitrioas no partido contra o Franciscanos, terceiro clasificado. O Celtas de Foz actuará coma local contra o San Lorenzo Ensino, que ten un punto máis que as da Mariña. 

 
2ª CADETE FEMININA

Próxima xornada 

Celtas Foz - San Lorenzo Ensino
Cidade de Lugo - Franciscanos
Sarria - Viveiro