Xurxo Souto recibe en Láncara o premio Facer País entoando a Manuel María

O músico e escritor recolleu este sábado en Láncara o premio Ramón Piñeiro Facer País, polo seu labor a prol da cultura galega.

Durante a súa intervención, Souto cantou a peza Aínda teño a esperanza, de Manuel María, nunha emotiva interpretación.

A asociación cultural Val de Láncara convoca este premio, que a familia Seivane foi a encargada de entregar o premio como contador de historias a través da música e da literatura.

Nunha entrevista concedida a El Progreso, Souto afirmaba que veía este premio como "unha distinción colectiva ao afán regaleguizador do bravú".

O galardón, convocado pola asociación Val de Láncara, foi entregado ás 14.00 horas, en Carracedo.

Comentarios