sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Tradicional xuntanza de alcaldes na Mesa dos Catro Cabaleiros

Xuntanza dos catro alcaldes na Mesa dos Catro Cabaleiros.
Xuntanza dos catro alcaldes na Mesa dos Catro Cabaleiros.

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, o alcalde de Samos, Julio Gallego,  a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro e o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, subiron hoxe ata as inmediacións da Mesa dos Catros Cabaleiros para comer as doce uvas cando o reloxo marcou o mediodía e facer un brinde por un ano 2021 cheo de saúde para todos.

Os rexedores quixeron tamén agradecer á Asociación Fonte do Milagro por manter vivo o espírito desta tradición e por dar as badaladas.

Tradicional xuntanza de alcaldes na Mesa dos Catro Cabaleiros
Comentarios