A Xunta declara Festa de Interese Turístico a Feira da Tenreira Galega de Láncara

A Feira da Tenreira Galega de Láncara, nunha edición pasada. ARQUIVO
Outras cinco celebracións adquiren esta distinción

O Consello da Xunta aprobou este xoves a declaración como Festa de Interese Turístico a Feira da Tenreira Galega en Láncara.

Outras cinco celebracións adquiriron esta categoría, que permite acceder á axudas da Xunta para impulsar a súa promoción co obxectivo de contribuír a reforzar "a autenticidade de Galicia como destino". Son a Romaría de Santa Marta de Ribarteme en As Neves, a Festa dos Fachós en Castro Caldelas, a Romaría do Corpiño de Lalín, a Festa da Vendima en Leiro e a Festa da Carballeira en Zas.

Con estas declaracións, Galicia conta xa con máis de 150 festas de interese turístico, tanto de tipo autonómico (131), como nacional (11) ou internacional (12).