A Xunta colabora na concentración de motos que organiza o club Sarria Bikers

O evento celébrase entre os días 12 e 14 de maio, con rutas turísticas, música e exhibicións
Presentación de la concentración motera de Sarria Bikers
photo_camera Presentación da concentración moteira de Sarria Bikers. EP

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este martes na presentación da primeira concentración de motos do club Sarria Bikers, que se celebrará no municipio entre os días 12 e 14 de maio e que recibe o apoio da Xunta de Galicia.

O evento conta cun máximo de 500 prazas e inclúe rutas turísticas polos concellos de Sarria, O Incio, Samos, O Páramo, Portomarín e Paradela, en pleno Camiño de Santiago.

Entre outras actividades, haberá tamén unha exhibición moteira a cargo de Paulo Martinho no campo da Ribela e, na noite do sábado, un concerto da banda sarriá Sound Sisters e o Grupo Arizona, seguido do Dj Miguel Cendoi.

Comentarios