Xulgados dous sarriaos por vender un coche co dobre de quilómetros dos que dicían

O ministerio fiscal solicitou un ano de prisión para cada un por un delito de estafa
Edificio de los juzgados de Lugo, en la Praza de Avilés. SEBAS SENANDE
photo_camera Edificio dos xulgados de Lugo, na Praza de Avilés. AEP

Dous sarriaos sentaron este luns no banco dos acusados do xulgado do Penal número 2 de Lugo porque presuntamente lle venderon a un particular un turismo de segunda man da marca Mercedes que tiña alomenos 253.000 quilómetros percorridos, cando ao comprador  lle aseguraron que tiña 109.000. O vehículo presentaba ademais deficiencias, das que a súa reparación costou 6.426 euros.

O ministerio fiscal, que retirou os cargos contra un terceiro procesado, solicitou un ano de prisión para cada un por un delito de estafa, así como a inhabilitación especial para o exercicio da actividade profesional de compravenda de automóbiles durante o tempo da condena. A acusación particular, exercida pola vítima, elevou esa petición a tres anos. A defensa pediu a súa libre absolución.

A transacción tivo lugar hai cinco anos. O comprador realizou dous ingresos en metálico de 11.500 euros en total e aportou a maiores o seu vehículo particular, tasado en 6.000.

Comentarios