Vizcaíno ofrece este sábado un concerto na praza pública da Cruz do Incio

O artista presenta no seu concello natal o seu último disco, Neno de monte
Xabier Vizcaíno. ENMA AENLLE
photo_camera Xabier Vizcaíno. ENMA AENLLE

O músico do Incio Xabier Vizcaíno actúa este sábado na praza pública da Cruz, no seu concello natal, onde presentará o seu novo disco, Neno de monte, toda unha homenaxe ás súas orixes e á cultura desta Terra Brava.

O concerto será ás 17.00 horas ao aire libre, como prevención fronte ao covid-19.

O novo disco de Vizcaíno inclúe o tema Camiños, cuxo videoclip foi gravado entre Vilasouto e Goó.

Comentarios