Os veciños de Goián e o Concello sarriao melloran accesos ao lugar de Outeiro

A administración local aportou o material e os residentes na parroquia executaron as obras
Obras en Outeiro, en la parroquia de Goián (Sarria). EP
photo_camera Traballos executados no lugar de Outeiro. EP

Varios veciños da parroquia de Goián, baixo a dirección da área de medio rural do Concello de Sarria, executaron estes pasados días obras de ampliación e de mellora dos accesos e do saneamento do núcleo de Outeiro, así como a rexeneración asfáltica destas vías.

O goberno local, que define esta actuación como "exemplo e modelo a seguir", foi o encargado de aportar os materiais precisos para levar a cabo as obras e os propios veciños executáronas. 

Comentarios