PUBLIRREPORTAXE

A urbanización e humanización da antiga vía férrea cambiará a fisonomía do concello

O alcalde, Darío Piñeiro, di que será "a obra máis importante no último século". O goberno local acadou investimentos históricos nestes catro anos, ao tempo que reduciu a débeda

Darío Piñeiro co ministro de Fomento, José Luis Ábalos. EP
photo_camera Darío Piñeiro co ministro de Fomento, José Luis Ábalos. EP

Láncara viviu un mandato municipal intenso, no que se acadaron "unhas cifras de investimento históricas, moi difíciles de superar, ao tempo que se produxo unha importante redución da débeda", segundo explica o alcalde, o socialista Darío Piñeiro. O rexedor está envorcado co seu gran soño de futuro, o proxecto de urbanización e humanización do espazo ocupado pola antiga vía do tren, cuxa desafección xa foi solicitada polo Concello a Adif. "Vai ser a obra máis importante da Pobra nos últimos 150 anos, desde a chegada do tren, xa que cambiará a configuración do pobo e do concello. A vía do tren é como un muro de peche no casco urbano, que se poderá expandir cara a unha zona que terá espazos verdes e dotacionais".

A desaparición física da vía férrea é recente, pero o municipio perdeu o tren tempo atrás, hai máis de dúas décadas, "cando perdemos o matadoiro, a fábrica de galletas, o aserradoiro e a fábrica de bloques", di o alcalde. "Tamén sufrimos unha decepción cando se fixo o proxecto de variante e desbotaron a alternativa do trazado por Láncara para facela polo Páramo", engade.

Darío Piñeiro subliña que será «ambicioso» na defensa deste proxecto, que xa presentou en Adif e na Xunta e que nos vindeiros días será amosado aos veciños. Esta actuación contempla novas conexións coa LU-546, cunha rotonda na saída hacia Lugo e dous accesos en dirección a Sarria. Tamén prevé a unión do parque de Edizlo coa estación e a Praza de Labradores, con espazos arborados. O edificio da estación estará dedicado a usos administrativos e o de carga habilitárase como centro sociocultural. O custo das obras roldará os 1,5 millóns de euros.

Parque de maquinaria
Un dos grandes logros do actual mandato municipal foi a creación dun parque de maquinaria, para o que se adquiriron dous camións, un tractor, dúas desbrozadoras e un pisón. "Necesitabamos este equipamento para facer pequenas obras e atender necesidades puntuais non medio rural. Quen goberne non próximo mandato terá á súa disposición esta infraestrutura", dixo Piñeiro.

O parque de maquinaria é un logro vital para facer pequenas obras no medio rural

Zona rural
O rexedor lancarés destaca o importante investimento en infraestruturas rurais. "As estradas locais experimentaron un cambio radical, xa que estaban moi abandonadas, pero hai que seguir avanzando", comentou.

No eido das comunicacións, Piñeiro destaca a execución da terceira fase da estrada de Muro a Carracedo, financiada pola Diputación. Antes fíxose o tramo que vai da Pobra a Muro. "Trátase da vía de comunicación máis importante do concello, na que se levan investidos case un millón de euros", indica o rexedor, que xestionou ante Política Territorial o arranxo da estrada Láncara-A Pobra. "Pedimos unha maior anchura do vial, algo que non se fixo, pero renovouse o firme con aglomerado en quente". A ampliación da ponte de Valdriz, incluída neste proxecto, está pendente. "Agardamos que a Condeferación Hidrografía do Miño-Sil emita en datas próximas un informe para desbloquear esta actuación", precisa Darío Piñeiro.

A mellora de traídas de auga continuará con novos proxectos. "Estamos pendentes de autorización para mellora do abastecemento de Vilaestevo e a piques de comezar o de Piñeiroá, con fondos propios. Tamén acadamos o compromiso de Augas de Galicia para executar a traída de Vilambrán e a parte de Ronfe e presentamos un proxecto a ese organismo, valorado nun millón de euros, para dar servizo aos núcleos de Toirán, Trasliste, Vilaleo, Vilarello, Moure e Bande", manifestou o alcalde.

O Concello acometeu o asfaltado de accesos e a instalación de puntos de luz en explotacións gandeiras ailladas. O investimento inicial foi de 90.000 euros e adxudicaranse obras por importe de 40.000 para finalizar este proceso.

Infancia e xuventude
A construción dun parque infantil, financiado pola Diputación, e dunha pista deportiva multiusos foron as principais actuacións cara ao benestar dos máis novos do municipio, Tamén está a piques de ajxudicarse a reforma do pavillón de deportes, cun orzamento de 80.000 euros, que estará rematada en catro meses.

No eido educativo, a Xunta mellorará o colexio público Ramón Piñeiro. O goberno local aprobou unha bonificación do 95% da licenza desta obra. Tamén se fará un camiño perimetral arredor do colexio para anular de xeito definitiva o uso das escaleiras utilizadas polos veciños para atravesar o patio, o que motivou o peche da verxa colocada ao final das mesmas ante as queixas de docentes e pais.

Lecer
O Concello financia as festas patronales das distintas parroquias, cunha aportación que se fixa en función do número de habitantes. Tamén se conceden axudas para a Festa da Xuventude da Pobra e para a Festa da Terneira Galega, que cumpriu a súa vixésima edición. O goberno local xestiona a súa declaración como Festa do Interse Turístico Galego.

A mediados de agosto, como prólogo do San Roque da Pobra, celébrase a Festa da Troita do Neira, organizada polo Concello en colaboración cos hostaleiros. Este festexo repítese principios de setembro, nos días previos aos festexos do Carme de Láncara.

A terceira idade do municipio é homenaxeada cunha comida anual, de carácter gratuíto. Os xubilados gozan cada ano dunha excursión a algún lugar de España. O Concello colabora na organización dunha viaxe semanal ás praias durante o verán, aínda que non fai achega económica, ao tratarse dunha iniciativa dunha empresa privada.

No tocante ao turismo, o Concello colabora na creación dunha casa museo sobre a emigración galega a Cuba na casa onde naceu o pai de Fidel Castro, promovida por unha asociación local, e traballa na recuperación da ruta do Camiño Real. Tamén xestionou a instalación dunha nova pasarela na praia fluvial, así como do arranxo do paseo e a mellora da iluminación nesta contorna.

Polígono
O parque empresarial é a gran asignatura pendente de Láncara. "Detectamos moitos erros non Plan Xeral. Unha das sorpresas que nos atopamos foi que o polígono industrial non estaba aprobado. É un área cualificada como só urbanizable non consolidado industrial, polo que é necesario facer un plan parcial para executar as obras, pero existe o problema de que non nos darán autorización para facelo nesa zona ao estar en zona de fluxo preferente do río. Foi unha mágoa, xa que o Plan Xeral contaba cun informe favorable de Confederción Hidrográfica. Ese foi o gran engano do PP aos veciños hai catro anos, polo que deberían pedir perdón", indica o alcalde.

A construción do parque de aeroxeradores de Inverólica de Abella é unha boa noticia para a economía municipal, "xa que o Concello recibirá ingresos polo seu funcionamento a partir do 2020", indica Darío Piñeiro, quen confía na pronta aprobación do proxecto doutro parque eólico no municipio, promovido por Nedgia.

Comentarios