Triacastela celebra este sábado a terceira edición da Festa do Peregrino

Haberá numerosos actividades entre as que se inclúen postos de artesanía, música, títeres e talleres e o pregon de Manuel F. Rodríguez
photo_camera Imaxe de arquivo da Festa do Peregrino de Triacastela. AEP

Triacastela celebra este sábado unha nova edición da Festa do Peregrino, que incluirá postos de artesanía, música, títeres e talleres. O programa comeza ás 11.30 horas coa artesanía e a animación na rúa polo grupo Gaitas Xiadas e Panderetas Ruadiña.

Ás 12.00 inaugurarase a exposición da Cova Eirós, que dará paso á presentación do libro da autora local, Mirella López, e ao pregón, ás 13.00, do xornalista e investigador Manuel F. Rodríguez.

Tras o xantar, terá lugar o Obradoiro creativo Escultura Kaos ás 16.00, o taller de impresión de papel Amorote ás 17.00, o espectáculo de títeres tradicionais Doña Barriga Verde e, finalmente, a actuación musical da banda de rock Sound SIsters ás 21.00.

Comentarios