A sociedade La Unión reelixe a Quiñoá como presidente por catro anos máis

O nomeamento foi por aclamación nunha asemblea na que non se presentou ningunha outra candidatura
El presidente de la sociedad La Unión de Sarria, José Quiñoá. AEP
photo_camera El presidente de La Unión, José Quiñoá. AEP

A sociedade cultural e recreativa La Unión de Sarria vén de reelixir como presidente a José Quiñoá e o resto de membros do equipo directivo por catro anos máis. O nomeamento produciuse por aclamación nunha asemblea de socios na que non se presentou ningunha outra candidatura.

Quiñoá inicia así o seu cuarto mandato á fronte desta sociedade, na que entrou como presidente no ano 2008, dando comezo a un frutífero período con numerosas obras e no que tamén se celebrou o centenario de La Unión.

Durante a xunta de socios, a directiva deu conta das actividades realizadas ao longo do pasado ano, que se viu condicionado na súa práctica totalidade pola pandemia do covid. Aínda que non se puideron celebrar moitos actos, o coronavirus non impediu que se executaran melloras na sede de La Unión, como a instalación dun ascensor ou a reforma dos baños.

Con respecto a este ano, as actividades dependerán en gran medida da evolución da pandemia.

A asemblea xeral serviu tamén para presentar o balance de contas do pasado ano, que arroxa un superávit de 20.000 euros, e o orzamento para este exercicio.

Comentarios