A SAT Ladeira do Páramo recibiu 207.000 euros de axudas para eficiencia enerxética

A Xunta mantén aberta a convocatoria ata o día 30 para solicitar subvencións para o sector primario no ámbito das renovables
La SAT Ladeira de O Páramo recibe la visita del director xeral de Planificación Enerxética
photo_camera O director xeral de Planificación Enerxética (centro), na visita á SAT paramesa. EP

A Sociedade Agraria de Transformación (SAT) Ladeira do concello do Páramo foi unha das beneficiarias en anos anteriores das axudas da Xunta de Galicia para proxectos de aforro e eficiencia enerxética, recibindo preto de 207.000 euros para un investimento total de 680.000.

Con estes fondos, confinanciados pola Unión Europea a través do Feder, a explotación agropecuaria paramesa substituíu as salas de muxir por robots de muxido e cambiou tamén os sistemas de iluminación interior.

Estas instalacións recibiron este xoves a visita do director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, quen estivo acompañado, entre outros, do alcalde, José Luis López.

Segundo explicou, a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), mantén aberta unha nova convocatoria de axudas, dotadas con 1,27 millóns de euros, para que empresas e autónomos do ámbito agrícola primario poidan desenvolver proxectos de enerxías renovables eléctricas mediante instalacións fotovoltaicas ou minieólicas e actuacións de mellora da eficiencia enerxética.

Estas subvencións, que se poden pedir ata o día 30, permitirán un aforro de enerxía anual equivalente a 264.000 litros de gasóleo.

Comentarios