PUBLIRREPORTAJE

Sarria mellora as súas infraestruturas e inviste co obxectivo de xerar emprego

Actuacións. A alcaldesa, Pilar López, destaca as obras acometidas neste mandato, como a rehabilitación da casa do marqués, e o apoio do concello a colectivos deportivos e culturais

A Casa do Marqués - Sarria
photo_camera A Casa do Marqués

O CONCELLO de Sarria avanzou nesta lexislatura coa materialización de diversas actuacións que contribuiron a mellorar a calidade de vida da veciñanza e modernizar a vila. A alcaldesa Pilar López destacou a rehabilitación da Casa do Marqués, donde se ubica o Centro de Información á Muller (CIM), cun innvestimento de 123.000 euros. "Acometimos o arranxo completo da Praza da Vila, co cambio da iluminación e a pavimentación, e a mellora do parque infantil, para darlle á zona o pulo que merece".

No tocante ás instalacións deportivas se modificou "a pista de pádel, e acometéronse arranxos no pavillón do Chanto, que se están rematando e inclúen a renovación da iluminación e do chan", engadiu.

A alcaldesa tamén destacou a colaboración coa Deputación de Lugo para o arranxo de diferentes estradas no municipio, "como a LU-P-5705 entre Sarria e Goián, na que se investiron 325.000 euros nos primeiros 6,5 quilómetros que discorren desde O Mazadoiro ata San Martiño da Torre pasando por Escarlán". Lembrou que ademais se actuou en vias de Betote, Rubín ou Louseiro, entre outras, así como "en moitas pistas da zona rural".

Melloras na LU-P-5705, entre Sarria e Goián

López afirmou que neste mandato destináronse 388.000 euros á rehabilitación integral da Ponte Ribeira, unha actuación consistente no retranqueo dun piar, a dotación de dúas beirarrúas e unha calzada, así como a reposición do tableado da ponte. "Seguimos agardando que a Confederación Hidrográfica Miño Sil nos dea permiso para iniciar as obras, pois xa están licitadas". Engadiu que a paralización desta actuación obriga aos veciños a dar un gran rodeo para cruzar á outra marxe do río, así como "aos máis de 200.000 peregrinos que pasan anualmente por Sarria, e que ven interferida a súa ruta, pois por esta ponte pasa o Camiño".

A rexedora incidiu no investimento destinado á recuperación da galería da sociedade La Unión, "dentro da nosa aposta por conservar o patrimonio", así como nos traballos de sinalización de recursos turísticos, o arranxo dos casetos municipais no campo da feira, o desenvolvemento do plan de mobilidade, ou a posta en marcha da potabilizadora "que levaba rematada máis de dous anos", comentou. Á iluminación da zona do Malecón destináronse 5.000 euros procedentes do Plan Único.

La Unión - Sarria

Outra das obras iniciadas nesta lexislatura é a peatonalización íntegra da céntrica rúa Diego Pazos, nunha aposta por "renovar e modernizar o casco histórico" co obxectivo de dinamizar a actividade económica e social da vila. "Estamos facendo todo o posible para que estas obras se reanuden á maior brevedade posible logo das dificultades xurdidas", engadiu.

A alcaldesa agradeceu tamén o apoio da Deputación para lograr un dos principais obxectivos do goberno local, a creación de emprego "a través dos programas Ben Empregado e Depuemprego, que contribúen a complementar a política de fomento do postos de traballo desenvolta desde o Concello", dixo.

POLÍGONO. Os trámites para a autorización da segunda fase do póligono do Morelle é outra das actuacións destacadas por Pilar López, quen indicou que: "desde hai tres meses xa temos o proxecto de urbanización para tramitar coa Sepes, a entidade propietaria dos terreos. Contamos que pronto se poida comezar a comercializar algo tan importante para sarria como é o solo industrial", engadiu.

Fixo referencia ademais a que o Concello de Sarria continúa apoiando o deporte e aos diferentes colectivos e asociacións. Recentemente tamén se retomou a celebración da Feira de San Isidro, un referente para o sector gandeiro. Neste eido sinalou a importancia de desenvolver novas iniciativas como Fiporco –a Feira Internacional do Porco–, e manter outras xa consolidadas como o Tapicheo ou as exposición de artistas e artesáns.

"Seguimos potenciando as Xornadas Xurídicas, e achegáron 237.000 euros para o correcto funcionamento da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carmen. Ademais financiamos o Servizo a Domicilio para persoas non dependentes e a Teleasistencia Gratuíta", engadiu.

A alcaldesa tamén destacou a aposta polo turismo, a cultura e o deporte como dinamizadores sociais e económicos do Concello de Sarria. con actividades como o Descenso Urbano Vila de Sarria, e outras dirixidas aos máis novos, demostracións artesanais, actuacións musicais, exposicións, ou representacións teatrais, entre outros. "Tamén continuamos apoiando a Feira de Antigüidades, un sector moi representativo de Sarria", sinalou.

No tocante á torre da Fortaleza, e logo da sentencia do TSXG, López sinalou que: "Queremos negociar a súa venda nun prezo xusto. Non queremos que sexa unha expropiación".

Ademais en breve sairán a licitación as obras para "unha casa moi emblemática" de Sarria, situada no Camiño Francés ao seu paso polo centro de Sarria, como é a casa das Arsenias. "Temos previsto comezar as obras nos vindeiros meses, cun investimento duns 350.000 euros para poder levar alí as oficinas de servizos sociais, que agora están nunha casa de aluguer". A rexedora lembrou que é unha das casas "máis bonitas de Sarria", ubicada na subida da Escalinata do Peregrino, na Rúa Maior, e o seu arranxo "contribuirá a dinamizar unha das arterias principais da vila".