Sarria leva a pleno 2 millóns en tres modificacións de crédito para persoal e obras

A contía dedicarase tamén a amortizar a débeda do Concello, ao pago das subvencións nominativas atrasadas e a servizos
Vista exterior de la Casa do Concello de Sarria. EP
photo_camera Casa do Concello de Sarria. L.P.

O Concello de Sarria tratará de sacar adiante o luns no pleno, onde está en minoría, tres modificacións de crédito -unha delas da residencia de maiores- por un total de dous millóns de euros para amortizar a débeda, gastos de persoal, pago de subvencións nominativas atrasadas, obras e servizos.

A corporación abordará para o xeriátrico un suplemento de crédito de 496.000 euros, dos que 450.000 son para persoal. Isto débese a que traballa co orzamento prorrogado de 2015 e non é suficiente a contía destinada aos traballadores. O resto dos fondos dedicaranse a mantemento.

Esta proposta inclúe outro suplemento de crédito de 1,2 millóns de euros, do que a metade sería para amortizar a débeda do Concello. Outros 320.000 euros corresponden ao servizo de axuda no fogar, 30.000 para indemnizacións do grupo de gobierno e concelleiros e 85.000 para facturas de subministración eléctrica.

Uns 140.000 euros son para a execución dunha sentenza xudicial de 2016, pola que se lle recoñecía unha subida salarial e o cobro de atrasos de cinco anos a unha traballadora do Concello. O suplemento contempla 65.000 euros para o incremento do 2% do soldo do persoal municipal.

As tres operacións de crédito fináncianse cos remamentes de tesouraría. O Concello ten 3,3 millóns de euros, mentres que a residencia 513.000

Ademais, inclúe 37.000 para as obras do cemiterio, xa que os fondos disponibles non son suficientes. O goberno local dispón dun proxecto de 200.000 para rematar a ampliación da necrópole, parada desde hai máis dun ano.

A corporación tratará tamén no pleno un crédito extraordinario de 456.900 euros. A maior contía (145.000) consignarase para o pago das subvencións nominativas atrasadas e deste ano. Estas correspóndense á sociedade La Unión, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces), Sarriana e CB Sarria.

Outra parte importante será para obras como a renovación do firme da Rúa Diego Pazos entre os cruces da Ciguñeira e A Avenida, que está en moi mal estado. Esta financiarase co plan único deste ano da Deputación, pero o Concello terá que aportar 18.500 euros.

Entre as actuacións tamén figuran obras de abastecemento. Dedicaranse 40.800 euros para que entre en funcionamento a traída de Cesar, San Fiz de Reimóndez, Pape, Arxevide, Os Remedios, Vilar do Monte e Callás. A rede executouse en 2011, coas obras da potabilizadora, pero non se puxo en marcha. Uns 110.000 euros son para a segunda fase do abastecemento de Manán, O Mato, Lousadela e A Veiga. Una primeira fase, cun custo de 220.000 euros, financiarase co plan único.

Este crédito extraordinario prevé 65.000 euros para o tratamento de residuos voluminosos no punto limpo, 30.000 de intereses de amortización da débeda do Concello, 30.000 para material ante o Covid-19 e 14.000 para asignacións aos grupos políticos.

As tres operacións de crédito fináncianse cos remamentes de tesouraría. O Concello ten 3,3 millóns de euros, mentres que a residencia 513.000.

O alcalde, Claudio Garrido, destaca que estas modificacións de crédito son "muy importantes", pois trátase de "temas inexcusables, si no tendrían que parar servicios fundamentales".

Comentarios