Máis de 400 alumnos e mestres de 12 centros de ensino da comarca de Sarria uníronse para celebrar o Día da Poesía, adicado nesta primeira edición conxunta ao poeta de Lóuzara (Samos) Fiz Vergara Vilariño, para quen reivindicaron "xa dunha vez" o Día das Letras Galegas.
O acto, organizado pola biblioteca Fiz Vergara do IES Gregorio Fernández, tivo como mestre de cerimonias ao músico e escritor Xurxo Souto, quen tamén é profesor neste instituto sarriao.
Os participantes recitaron versos do poeta samanense e entoaron un cántico creado para a ocasión, na voz de Patricia Coucheiro e con coreografía de Mercedes Veiga.
Xurxo Souto tamén musicou un soneto, que interpretou xunto a Eduardo Rey e que lle adicaron a Imelda, irmá de Fiz Vergara, que definiu como "feliz" este día na memoria do autor.
#Cultura 🎶 O grupo Siniestro Parcial, formado por alumnos do IES Xograr Afonso Gómez de #Sarria, musicou uns versos de Fiz Vergara e, ao pedirlle o público outra canción, lanzáronse cun tema de Fito y Fitipaldis https://t.co/F6FVnVAae4 pic.twitter.com/oBcuqf0ZQm
— El Progreso Sarria (@SarriaEP) March 21, 2022