Sanitarios do PAC de Sarria sofren insultos e unha agresión cando estaban de garda

Tiveron que refuxiarse nunha consulta ante a actitude do acompañante dunha doente, que se negaba a poñer a máscara
Centro de salud de Sarria. ARCHIVO
photo_camera Centro de salud de Sarria. ARCHIVO

Sanitarios do PAC de Sarria denunciaron ter sufrido insultos e unha agresión por parte do acompañante dunha doente mentres se atopaban desenvolvendo o seu traballo nestas instalacións na noite do sábado ao domingo.

Os feitos sucederon cando o persoal do centro lle solicitou a esta persoa que puxera a máscara de prevención do covid, momento no cal comezou a insultalos e a poñerse agresiva.

Segundo o seu relato, a situación chegou a tal punto que tiveron que refuxiarse dentro dunha consulta mentres o acompañante, "con evidentes signos de estar bajo los efectos de sustancias psicotrópicas", aporreaba a porta con insultos e ameazas de morte.

Un dos facultativos que exercía o seu labor asistencial esa noite recibiu patadas, polas que sufriu un "importante golpe" nunha perna.

Desde o PAC de Sarria solicitaron a presenza das forzas da orde e, cando chegaron, os implicados no altercado "habían abandonado el centro en un vehículo a gran velocidad y con las luces apagadas".

Non foi o único incidente durante unha garda complicada para estes profesionales dado que, posteriormente, foron insultados por outros usuarios que reclamaban que lles puxeran un taxi y que lles dedicaron improperios e ofensas como que "les iban a partir los dientes y la cara".

medidas. A raíz de estes feitos, o edil Benjamín Escontrela, quen tamén é médico no PAC, asegurou que porán todas as denuncias correspondentes. "No vamos a consentir ningún trato vejatorio y humillante contra nuestro trabajo personas, y haremos defender nuestro derecho a trabajar en condiciones de seguridad y respeto", dixo. Segundo sinalou, a tensión é tal que os traballadores reclaman seguridade para poder desenvolver o seu labor e solicitan a instalación de cámaras e a presenza dun vixiante en horario nocturno.

Durante a madrugada do domingo, tamén tiveron que atender no PAC sarriao aos implicados nunha pelexa.