martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Rompen a vidreira da porta ornamental da igrexa do Rosario de Sarria nun acto vandálico

Os vándalos actuaron na noite do luns ao martes na igrexa sarriá de Nosa Señora do Rosario, onde romperon con algún obxecto contundente a vidreira da súa porta ornamental, elaborada na década dos 90 polo obradoiro do artista José Luis Neira Brochs.

Danos ocasionados na porta da igrexa do Rosario de Sarria. VILAUns fregueses que residen cerca do templo decatáronse pola mañá da existencia destes danos e avisaron aos párrocos, José García Regal e Carlos Presas. Ata o lugar, no cruce das rúas Gran Vía e Formigueiros, acudiron tamén axentes da Policía Local e da Garda Civil para inspeccionar a zona.

Polo momento non existe valoración dos desperfectos ocasionados, cuxa motivación se descoñece. A parroquia do Rosario sufriu no pasado algún intento de roubo, mais estes danos semellan máis vinculados a un acto de vandalismo que afectou a un dos elementos singulares do templo, como é a porta ornamental de ferro que representa o misterio do Rosario e está presidida por unha imaxe de Xesús resucitado.

A parroquia, que este martes puido celebrar como de costume a misa da tarde, agarda poder ter reparados os danos para o día da patroa, que se celebra o 7 de outubro.

Rompen a vidreira da porta ornamental da igrexa do Rosario de...
Comentarios