Rexistrado un terremoto de 2,4 graos en Triacastela

Tivo lugar a primeira hora da madrugada do xoves e non causou danos nin foi percibido pola poboación deste concello lugués

Peregrinos a su paso por la localidad de Triacastela. J.VÁZQUEZ
photo_camera Peregrinos a su paso por la localidad de Triacastela. J.VÁZQUEZ

O concello lugués de Triacastela, situado en pleno triángulo sísmico, foi o epicentro dun novo tremor de terra na noite do mércores ao xoves (xa madrugada do día 13). Foi de 2,4 graos na escala mbLg, que substitúe á de Richter, e rexistrouse á 1.12 horas do xoves.

Este pequeno terremoto nin foi percibido pola poboación nin causou danos materiais.

Previamente a este tremor houbo outro da mesma magnitude (2,4) o martes 11 ás nove e dez da noite no concello coruñés de A Pobra do Caramiñal.

Comentarios