viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Reúnen 700 firmas para un parque de cans en Sarria

Óscar Yáñez e Loida Climent, xunto a Keko. S. IGLESIA
Óscar Yáñez e Loida Climent, xunto a Keko. S. IGLESIA
O obxectivo é chegar aos 1.300 apoios e trasladarllos ao Concello, para que habilite un espazo no que os animais poidan andar sen correa

O empeño e a constancia de dous sarriaos de adopción para que se cree un parque de cans no casco urbano do municipio traduciuse nun total de 700 firmas recollidas. E van a por máis. Loida Climent e Óscar Yáñez, que chegaron á localidade desde Barcelona en xaneiro de 2019 e de 2021, respectivamente, viron, a través do seu pequeno Keko, a necesidade de dispoñer dun espazo seguro no que os peludos poidan "correr, saltar y jugar libremente, sin estar atados a una correa". E por iso non o dubidaron e puxéronse mans á obra.

Comezaron hai un par de meses buscando apoio un a un, parando a cada veciño na rúa, e logo trasladaron a súa loita a algúns establecementos. Desta forma, acompañados en todo momento por Keko, e non sen esforzo –Loida padece o síndrome de espalda fallida, así como artrose dexenerativa e outras doenzas– xa lograron acadar centos de firmas e márcanse como obxectivo as 1.300, ou o que é o mesmo: o 10% da poboación de Sarria, tal e como explica Loida, quen espera facer chegar esta petición ao Concello cun forte respaldo detrás e que así "nos hagan más caso".

"Hay mucha gente de por aquí que lo quiere, porque no es solo beneficioso para los que tenemos perros, sino que lo es para todos. Los demás también estarán más tranquilos sabiendo que no va a entrar un perro suelto en una zona infantil, donde están los niños, y provocar un susto o un accidente", exemplifican os ideadores desta iniciativa.

E recalcan que un pipican –así se lles chama aos parques urbanos para cans– non é nin "un centro de entrenamiento" nin "un váter para ellos", senón que tan só é un lugar no que os peludos poden correr libres, aínda que "no por ello hay que ser incívicos". Os excrementos recóllense igual que na rúa. Malia todo, o lugar a escoller déixano a gusto do Concello. "Nos da igual, solo queremos un trozo de tierra", dicen Loida e Óscar.

Polo momento, a maioría de veciños do casco urbano saca a súa mascota pola zona das Insuas e no Chanto, o que xa acarreou algunhas advertencias por parte da Policía Local ao levar cans sen ir atados á súa correa.

Os interesados en aportar o seu pequeno gran de area para facer máis doce e sinxela a vida de Keko e outros, poden facelo achegándose a Piensos Lois Losada, á protectora Huellas de Sarria, ao estanco Polo, á mercería Entretelas, ao bar El Parisien, a Carblue, á clínica veterinaria Bitxiños e na cafetería Polo, preguntando por Esperanza, ou ben contactando cos precursores deste proxecto.

Reúnen 700 firmas para un parque de cans en Sarria
Comentarios