sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

O remuíño gravado no Miño en Paradela debeuse á rotura dunha bolsa de metano

José Manuel Mato  explicou que este fenómeno prodúcese pola acumulación de sendimentos no río

O estraño remuíño gravado días atrás por uns sendeiristas no río Miño ao seu paso por Paradela debeuse á rotura dunha bolsa de gas metano, segundo lle confirmaron fontes da Consellería de Medio Ambiente ao alcalde do municipio, José Manuel Mato.

O rexedor explicou que este fenómeno prodúcese pola acumulación de sendimentos no río, que acaban por formar unha bolsa de metano que rompe polas correntes, provocando ese efecto.

Posiblemente este tipo de remuíños xa se rexistraron en máis ocasións, se ben nunca antes quedaran gravados. Neste caso foron un grupo de sendeiristas, do que formaban parte Martín López e Paula Hospido, o que captou o estraño movemento nas augas do Miño mentres percorrían a ruta Loio-Aldosende, acondicionada con fondos da empresa Enel Green Power como parte do proxecto de parques eólicos en Paradela.

Cando camiñaban entre San Facundo e Aldosende, sorprendeu a estes rapaces un movemento cara a arriba nas augas do río que se ía agrandando e que tiña unha cor distinta ao resto, algo que nunca antes viran e que decidiron gravar en busca dunha explicación.

O remuíño gravado no Miño en Paradela debeuse á rotura dunha bolsa...
Comentarios