Reeditada a obra de Antón Fortes 'Figuras masculinas de medio-corpo'

A publicación, en galego reintegrado, sae da man de Chan da Pólvora
El escritor de Sarria Antón Fortes. EP
photo_camera O escritor de Sarria Antón Fortes. EP

Chan da Pólvora vén de reeditar o poemario Figuras masculinas de meio-corpo do autor sarriao Antón Fortes. A editorial presentou a obra o sábado en Santiago e adicoulle o Libro do Orgullo Galego 2020.

A publicación, en galego reintegrado, naceu entre 1984 e 1985 porque precisaba rescatar a súa vida afectiva, "que se estaba diluíndo". Ademais, quería plasmar a chegada a Compostela para impartir clases.

Naqueles intres era difícil publicar este poemario. Anos despois, no 1997, Xosé María Álvarez Cáccamo animouno a editalo e "moveu" a obra, que saíu da man de Espiral Maior. No 2001, recibiu o premio Legais pola súa contribución a visibilizar o colectivo LGTBI. Chan da Pólvora decidiu reeditar a obra, que acaba de protagonizar un traballo de grao do sarriao Luís López Alonso.

Esta reedición é un "revulsivo" para Antón Fortes, quen lembra que escribir en "clave gai" no 1984 era moi distinto a facelo hoxe. Para Luís López, a obra define "novos postulados canto á homosexualidade e ao erostimo da nosa literatura, fendendo cernas e agromando noutras, máis dinámicas e centrífugas".

Comentarios