Recuperados todos os usuarios do Capd de Sarria que padecían coronavirus

Outros oito traballadores destes centros de atención a persoas con discapacidade tamén recibiron o alta 
El CAPD de Sarria se ubica en el barrio de As Insuas. AEP
photo_camera O Capd de Sarria. AEP

Os oito usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (Capd) de Sarria recibiron o alta despois de superar o coronavirus, o que fai descender o número de contaxios neste tipo de centros até os 98 en Galicia. 

Así o confirmou este xoves a Consellería de Sanidade, á vez que informou doutras oito persoas traballadoras destas residencias que tamén se recuperaron, tres delas no Capd de Sarria, tres no CAPD de Redondela e dous no Capd da Coruña. 

Os casos que permanecen activos entre usuarios localízanse maioritariamente no CAPD de Redondela (36), Capd da Coruña (26) e DomusVi Bóveda (17). Ademais, dos 58 traballadores infectados, 18 están tamén no centro de Redondela. 

A tendencia que se segue nos centros para persoas con discapacidade descende co paso dos días, pero aínda hai 156 persoas afectadas por esta enfermidade vírica. 

Comentarios