Un total de 264 motos participaron onte na recuperada ruta de enduro de Triacastela, segundo informou o club Team Zennon 4x4 de Becerreá, encargado de organizar este evento.
Os participantes, procedentes de distintos puntos de Galicia e doutros lugares como Asturias, Madrid, Logroño, Burgos ou Zaragoza, saíron pola mañá dende o pavillón de Triacastela para facer unha ruta de 68 quilómetros por montes deste concello e de Samos, O Courel e Pedrafita do Cebreiro.
No núcleo da Teixeira fixeron un alto para un xantar campestre antes de continuar o percorrido por sendeiros acondicionados polo propio club e polos catro concellos, que colaboraron nesta iniciativa.
A xornada rematou en Triacastela cunha cea na que fixeron a entrega de premios, consistentes en trofeos aos participantes que destacaron na proba.
Unha ducia de personas formaron parte da organización desta ruta, que se celebrou ata o ano 2017 da man do Terremoto Club e que se recuperou nesta edición.
O presidente do Team Zenon 4x4, Manuel Caloto, fixo un balance positivo da xornada, o que os anima a repetir o vindeiro ano, pensando xa en ampliar para darlle cabida tamén a quads.