O PSOE pregunta no Congreso polo paso elevado sobre a vía no Mazadoiro

Quere coñecer o orzamento da obra e o calendario de licitación previsto
Diputados del PSOE en el Congreso, en la vía del tren en Sarria
photo_camera ´González, Prieto e Cerqueiro, na vía do tren en Sarria. EP

Os deputados socialistas no Congreso Ana Prieto e Javier Cerqueiro presentaron unha pregunta ao Goberno central interesándose pola construción dun paso elevado sobre a vía do tren no barrio sarriao do Mazadoiro.

Con esta iniciativa pretenden coñecer o orzamento da obra e o calendario de licitación previsto, "para que a curto prazo se inicie e remate a tan necesitada pasarela", que constitúe unha "demanda histórica" nesta zona.

Os dous deputados visitaron O  Mazadoiro acompañados do secretario de organización dos socialistas do municipio, José Luis González. Segundo lembraron, os residentes no barrio levan "anos" reclamando un paso peonil para poder cruzar a vía do tren que os separa do centro urbano, permitindo así "unha correcta comunicación para a veciñanza".

Esta pasarela, que tamén foi solicitada pola agrupación socialista local e varios gobernos deste partido, "suporá mellorar a seguridade dos residentes neste barrio da vila xa que poderán salvar as vías da liña ferroviaria sen risco", engadiron os deputados.

Hai só uns días, o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) aprobou a licitación dunhas obras en varias estacións de tren, entre as que se inclúe a de Sarria. Neste caso, a actuación contempla a execución dunha pasarela sobre vías cunha dobre función: comunicación entre plataformas de viaxeiros e permeabilidade entre el núcleo urbano de Sarria e o barrio do Mazadoiro.

Comentarios