domingo. 21.07.2019 |
El tiempo
domingo. 21.07.2019
El tiempo

Garrido chama ao diálogo no seu regreso, oito anos despois, á alcadía de Sarria

O PSOE e Benjamín Escontrela, de Galicia Sempre, abstivéronse na votación

Claudio Garrido foi proclamado alcalde de Sarria na mañá deste sábado ao encabezar a lista máis votada nas eleccións municipais do pasado 26 de maio, a da agrupación de electores Camiña Sarria. No pleno de constitución da corporación recibiu os seis votos do seu grupo. Mentres, os do PP —con seis concelleiros— e o BNG —con dous— votaron aos seus propios candidatos. O PSOE e Benjamín Escontrela, de Galicia Sempre, abstivéronse.

Un día despois de que se certificase o acordo de Escontrela e Camiña Sarria para facilitar a investidura de Garrido, este volve á política tras deixala hai catro anos e transcorridos oito dende que fora alcalde por última vez. No seu primeiro discurso como rexedor, o exsocialista avogou polo diálogo e chamou á colaboración do persoal do Concello.

Garrido chama ao diálogo no seu regreso, oito anos despois, á...
Comentarios