jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Presentado o XVII Premio Ramón Piñeiro Facer País, que se entregará en outubro

Presentación do premio na Deputación de Lugo. EP
Presentación do premio na Deputación de Lugo. EP

O certame recoñece a personalidades e entedidas polo seu labor en defensa da cultura e a lingua galega

Este luns foi presentada a decimoséptima edición do Premio Ramón Piñeiro Facer País, un galardón que se entregará a finais do mes de outubro e que recoñece a personalidades e entidades polo seu labor en defensa da cultura e lingua galega. 

O premio está promovido pola Asociación Cultural Val de Láncara en colaboración coa Deputación de Lugo, cuxa sede na capital provincial acolleu a presentación do galardón da man do deputado de Turismo, Eduardo Vidal. 

En anteriores edicións este premio —que non conta con dotación económica— recaeu en personalidades e entidades como a Asociación Xermolos, Isaac Díaz Pardo, Luis Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, a RAG, Mini e Mero ou Margarita Ledo, entre outros. 

"É fundamental seguir reivindicando a nosa historia e a nosa cultura, como fai neste caso a asociación Val de Láncara e os veciños deste municipio a través deste premio", declarou Vidal Bahamonde durante na presentación. 

O acto contou tamén coa participación do alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, que mostrou a súa satisfacción por un galardón que "leva o nome de Láncara por todo o mundo".

Presentado o XVII Premio Ramón Piñeiro Facer País, que se entregará...
Comentarios