miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Presentada unha soa empresa en Sarria para asumir o servizo de axuda no fogar

Un trabajador ofrece ayuda. ARCHIVO
Un trabajador ofrece ayuda. ARCHIVO
O Concello sacou a licitación este contrato cun orzamento de máis de 740.000 euros e un ano de duración

Unha única empresa formulou oferta para facerse cargo do servizo de axuda no fogar no concello de Sarria, que saíu a licitación a finais do pasado ano dun orzamento algo superior aos 740.000 euros e cun período de duración do contrato dun ano.

Servital Servizos Sociosanitarios é a empresa presentada, a cal ofertou un prezo de 16,39 euros a hora para o servizo ordinario de libre concorrencia, 15,50 euros para o ordinario de dependencia e 18,62 por hora para os casos extraordinarios de dependencia.

Como medios técnicos, aportará dúas grúas de mobilización persoal, cinco cadeiras de baño, tres camas articuladas e catro cadeiras de rodas ou sillón xiratorio. Tamén ofertou 150 sesións de fisioterapia a domicilio e 50 de podoloxía, que se prestarán de igual modo na casa do usuario.

A mesa de contratación propuxo a esta empresa como adxudicataria, requeríndolle como marca a lei a presentación previa dunha serie de documentos para acreditar a disposición efectiva de medios e outros requisitos.

Na actualidade, son 40 os traballadores que prestan este servizo no concello de Sarria, dos cales 39 teñen a cualificación de auxiliares de axuda a domicilio e o restante exerce como educador social.

A empresa adxudicataria deberá ofrecer esta axuda a domicilio os 365 días do ano, de luns a domingo, festivos incluídos, de 8.00 a 22.00 horas. O contrato calcúlase para 43.569 horas para persoas dependentes e 1.716 horas de atención no fogar básica.

Presentada unha soa empresa en Sarria para asumir o servizo de...
Comentarios