A praia fluvial da Pobra de San Xiao acolle o domingo actividades acuáticas

Serán gratuítas e os interesados deberán inscribirse
La playa fluvial de A Pobra de San Xiao. GOOGLE MAPS
photo_camera A praia fluvial da Pobra de San Xiao. AEP

A praia fluvial da Pobra de San Xiao, en Láncara, acolle este domingo, 25 de xullo, diversas actividades acuáticas gratuítas organizadas pola Deputación de Lugo.

A xornada prolongarase das 16.00 ás 19.00 horas e contará con tobogáns, kaiaks e rocódromos acuáticos e tamén se poderá practicar paddle surf.

Para formalizar a inscrición hai que chamar ao 636.50.41.55. Os organizadores lembran que para manter a seguridade fronte ao covid, os grupos serán de dez persoas co mesmo monitor e haberá medidas de hixiene e de desinfección, así como circuítos de entrada e de saída.

Comentarios