jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Un positivo detectado no CEIP Ricardo Gasset deixa a once alumnos en corentena

CEIP Ricardo Gasset. GSV
CEIP Ricardo Gasset. GSV

O Goberno local mostrou a súa "total disposición" para axudar o centro

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, púxose este xoves "a disposición" do CEIP Ricardo Gasset logo de saberse que once alumnos teñen que gardar corentena tras dar positivo de covid-19 o acompañante escolar dun dos autobuses que fan as rutas ao colexio.

O resto do alumnado asistirá ao centro con normalidade, mentres que os nenos e nenas que se atopan confinados seguirán facendo as tarefas mediante aulas virtuais

O centro e as familias están en contacto permanente co Sergas para coñecer os pasos que teñen que ir dando.

O Goberno local mostra a súa total disposición para achegarlles material escolar ás súas vivendas, subministrarlles equipos ou conexións a internet, se as precisaran, así como axudar naquelo que o centro e as familias poidan necesitar.
 

Un positivo detectado no CEIP Ricardo Gasset deixa a once alumnos...
Comentarios