viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

A Plataforma polo Río ve na negativa da pasarela unha "vinganza" de Patrimonio

Ponte Ribeira, cortada. ARCHIVO
Ponte Ribeira. AEP
Defende que a estrutura non supón ningunha ameaza para Ponte Ribeira, pero non recibe autorización porque Sarria está "castigada"

Tras meses de silencio, a Plataforma Sarriana polo Río vén de facer pública a súa opinión sobre a construción dunha pasarela metálica provisional para reabrir Ponte Ribeira, un proxecto que, segundo sinala, non supón ameaza algunha para a contorna desta ponte pero que non recibe autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por "vinganza".

A Plataforma polo Río, que no 2014 canalizou as mobilizacións en contra do plan de encanamento, asegura que este proxecto "só pretende colocar unha estrutura provisional sobre os estribos para restablecer o paso pola ponte canto antes". Nunha segunda fase, se fose posible, restauraríase a parte antiga de Ponte Ribeira, que pasaría a ser peonil mentres o tráfico rodado se desviaría por outro viaduto de nova construción.

Tal e como expón, o actual alcalde, Claudio Garrido, foi no seu día o promotor do "funesto" encanamento do río Sarria, mais "rectificou ao escoitar a vontade da cidadanía, o que lle honra". Así, o Concello propón agora este novo proxecto que "podería contentar a todos" e que recibiu autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e fondos para a súa execución da Deputación Provincial.

A pasarela metálica, pola contra, non ten permiso de Patrimonio, que basea a súa negativa na afección que, segundo argumenta, tería tal construción no Camiño e unha ponte "histórica".

Para a Plataforma polo Río, o PP pretende con esta decisión facerlle pagar a Sarria "a humillación que supuxo" non poder sacar adiante o plan de encanamento polas mobilizacións veciñais que xerou. "Como non lles deixamos facer aquela atrocidade, pretenden deixarnos sen ponte", afirma.

Desde este colectivo din non entender como naquel momento Patrimonio si autorizou unha intervención que, ao seu modo de ver, supoñía "destruír o estribo esquerdo de Ponte Ribeira, eliminar todo o arboredo da zona e substituír a ponte do Toleiro por ese espantallo de macrotubo que todos contemplados con horror".

Tras insistir en que a directora xeral deste departamento autónomico é natural da vila, a plataforma apela tamén a outra sarriá, Ana Pontón, e pregúntase por que o BNG non se pronuncia ao respecto e "nin ela nin ninguén do seu partido se molla pola ponte".

A Plataforma polo Río ve na negativa da pasarela unha "vinganza" de...
Comentarios