martes. 14.07.2020 |
El tiempo
martes. 14.07.2020
El tiempo

A plataforma do Frei Luis de Sarria segue á espera de coñecer o proxecto para o colexio

Instalaciones del colegio sarriano Frei Luis de Granada. AEP
Instalaciones del colegio sarriano Frei Luis de Granada. AEP
Reclama información precisa sobre o plan de realoxo do alumnado ante a sospeita de que o centro quedará sen uso todo o curso polas obras

A plataforma en defensa do colexio Frei Luis de Granada de Sarria segue á espera de coñecer o proxecto da Consellería de Educación para reformar este centro público dado que polo momento só ten constancia dun pequeno adianto que non despexa as dúbidas das familias.

Dende a plataforma reclaman tamén "transparencia" e información concreta sobre o plan de realoxo do alumnado durante o tempo de duración desas obras, que veñen motivadas pola aparición de fendas no edificio.

Segundo se expuso nunha das reunións da comisión de seguemento, os traballos de reforma poderían ter unha duración de entre nove e dez meses. Tendo en conta que a actuación aínda non foi licitada e que os prazos administrativos levan o seu tempo, todo indica que o colexio Frei Luis de Granada estará inoperativo ao longo do vindeiro curso, sinala.

"Cremos que é practicamente imposible que o ano que vén haxa clases nese centro", comenta Javier Pico, da plataforma en defensa do Frei Luis, que reclama un plan de realoxo do alumnado "consensuado" coas familias.

Polo momento, o único avance do que dispoñen plantea o traslado de cuarto, quinto e sexto de primaria ás instalacións do instituto Xograr Afonso Gómez, se ben descoñecen se este planteamento xa ten en conta as medidas impostas polo Covid-19 ou se foi anterior.

Os proxenitores tamén teñen dúbidas sobre as melloras que se acometerán na antiga Escola Fogar, onde en principio seguirán recibindo clases o resto de nenos e nenas matriculados mentres dure a reforma do Frei Luis.

A plataforma do Frei Luis de Sarria segue á espera de coñecer o...
Comentarios