Pechan as piscinas municipais de Sarria polo positivo dunha traballadora

Piscina de Sarria. EP
photo_camera Piscinas de Sarria. EP

Sarria acaba de anunciar o peche das piscinas municipais tras coñecerse o positivo por Covid-19 dunha empregada das instalacións. O diagnóstico coñeceuse na mañá deste luns e o Concello acordou de inmediato esta medida. As piscinas do Chanto abriran o 1 de xullo con aforo reducido e outros protocolos polo Covid, como prohibición de usar os baños, uso de mascarilla para entrar e saír ou distancias mínimas.

Segundo informa o Concello,  a empregada que deu positivo deixou de ir traballar hai unha semana tras coñecer que un familiar se contaxiara. Ademais, o consistorio apunta que está asintomática e tivo "moi pouco contacto directo" co resto do persoal. Esta persoa vendía entradas na piscina, non tivo contacto cos usuarios porque se gardaba a distancia e se aplicaba desinfección, ademais de levar mascarilla.

Comunicouse a Sanidade o listado dos outros catro traballadores, que terán seguemento polos seus médicos de cabeceira.

Comentarios