O Concello do Páramo desenvolveu neste mandato numerosas actuacións de mellora e creación de infraestruturas, destinadas na súa meirande parte a mellorar a calidaded de vida da veciñanza e reforzar eidos fundamentais como os servizos sociais e a xeración de emprego ou á dinamización socioeconómica do municipio.
Así, nestes últimos catro anos, e segundo destacou o alcalde de O Páramo, José Luis López, acondicionouse a Escola de Saa para Casa do Maior e instalouse unha fonte no Campo da capilla de Paredes a través dun obradoiro de emprego. Tamén se melloraron numerosas pistas, camiños e viarios municipais, como os que van de Quintián a Vigo (Friolfe), e de Pozo a Pacios (Saa); da LU-P 4302 a Adai, de Vilasante a Piñeiro e de Neira a Piñeiro; entre Moscán, Villafiz e Santandrea; os de Saa e Vigo ou os de San Martiño da Torre e San Vicente de Gondrame, así como en Vileiriz e Trebolle; Cabana, Treilán e Friolfe, Neira e Vilasante.
O rexedor do Páramo subliñou tamén as melloras acometidas nos accesos a Treilán e Vilafiz e no camiño O Penedo.
O Concello do Páramo contou coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, a través do Plan Único para levar a cabo estas actuacións e destacou tamén o convenio co Goberno galego que posibilitou a adquisición dun equipo completo de desbroce (tractor e desbrozadora), ou para a incorporación dunha brigada contra incendios de cinco compoñentes e desbroce mecanizado, así como as contratacións de peóns de roza e obras, entre outras.
Así mesmo, e no eido das infraestruturas, o goberno local acometeu a rehabilitación do antigo Concello para usos sociais habilitando locais para as asociacións, con outro obradoiro de emprego.

Destaca tamén a creación do Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, a valorización xeolóxica e paisaxística do campo da feira ou a mellora da fachada e a cuberta do pavillón, así como as melloras na LU-613, por Gondrame, a Pinte; de San Vicente a San Cibrao e Grallás; en Veleixoane; Santo André da Ribeira, A Ribeira, Piñeiro e A Torre; na LU-613 (Pedrouzos a Escrita), ou nos accesos a Seoane e Trebolle.
Desde o goberno local tamén se acometeton as actuacións precisas para a xestión de residuos móbil; o acondicionamento da área de Parapar; o tratamento de masa forestal na praza da feira e a rehabilitación de mobiliario urbano, así como a mellora dos depósitos na rede de abastecemento.
Ademais habilitouse a ruta da Torre medieval da Barreira, desenvolvéronse actuacións para a mellora da eficiencia enerxática e reformouse a escola unitaria da Cova. Outros dos viarios que se melloraron foron os de Escrita San Vicente; o Camiño da ponte sobre o río Miño e Santandrea; Adai e Gondrame; O Agro, Ramil e Villeiriz; Moscán e Vilafiz; Ribas de Miño; Moscán e Sa e Castro de Neira, entre outras.
O acondicionamento e rehabilitación da vivenda en Piñeiro e as reformas na fonte Ardeverde, Beleigán, Outeiro e na Praza do Centro Social foron outras das reformas destacadas, xunto á pista multideporte do Ceip O Páramo, a dotación de composteiros domésticos ou o acondicionamento do campo da feira a través dun convenio coa Deputación de Lugo.
O rexedor subliñou a actuación da pista multideporte no Ceip do Páramo e a mellora de viarios e servizos
O Concello do Páramo tamén ofrece Servizo de Axuda no Fogar, actividades deportivas (extraescolares e para persoas maiores) e actividades culturais. Dispón ademais de biblioteca municipal, caixeiro automático e ordenanzas modificadas (IBI agrícola, Icio e taxa expedición documentos).
Así mesmo, conta con outros servizos compartidos con municipios veciños coma os de prevención de drogodependencias, atención temperá, o CIM, un programa integrado de emprego e punto limpo. Así mesmo, o Plan Básico Municipal do Páramo xa está aprobado pola Xunta e, actualmente, o goberno local traballa na mellora do complexo deportivo municipal, na rede de abastecemento e en diferentes pistas e camiños.
De cara aos proxectos de futuro, o alcalde do Páramo explicou que "queremos seguir traballando na creación da residencia de maiores e centro de día, así como na posta en marcha do polígono industrial". Ademais, asegura que, se é elixido alcalde tras as eleccións de maio, acometeranse novas melloras na rede de abastecemento e saneamento municipais –entre outras en O Pico– reformarase a Ponte da Escrita e continuarase co mantemento das diferentes infraestruturas municipais, acondicionándose e pavimentándose estradas do concello.
"Temos o compromiso da Xunta para construír un parque infantil e dotar de equipamento da antiga casa consistorial, garantir a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e desenvolver actividades deportivas e culturais", afirmó.