viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

O obradoiro de emprego do Concello do Incio acondiciona sendas e camiños

Traballos do obradoiro de emprego do Incio
Traballos do obradoiro de emprego do Incio. EP
Actúa en zonas como a Ruta do Ferro ou a área recreativa de Saa

O obradoiro de emprego que está en marcha no municipio do Incio executa labores de mellora e conservación de sendas e camiños como a Ruta do Ferro ou a área recreativa de Saa, segundo informou o Concello.

Este taller, compartido con Bóveda e A Pobra do Brollón, botou a andar a finais do mes de decembro, especializado en actividades de silvicultura. Financiado pola Consellería de Emprego con máis de 346.000 euros, terá unha duración de nove meses nos que combina formación teórica e práctica.

No caso do Incio, conta con sete alumnos-traballadores, que se adicarán ao acondicionamento de diversos camiños nas parroquias e de sendas. Ademais da Ruta do Ferro e da área recreativa de Saa, actuarán en lugares como o Foxo dos Lobos, a senda á Casa de Papel, o camiño de San Miguel, a Devesa da Condesa, pistas dos pastizais de Sirgueiros, camiños en Río Mao ou Serra do Édramo.

Ao remate deste obradoiro de emprego, os participantes recibirán un certificado de profesionalidade do nivel 1. Os que carezan de estudos tamén se forman para o obtención do graduado ou competencias clave.

O obradoiro de emprego do Concello do Incio acondiciona sendas e...
Comentarios