Dios Ke Te Crew, Novedades Carminha e Grison, no Esmorgadirt

O festival celebrarase o vindeiro 22 de xuño en Sarria con motivo das festas patronais de San Xoán

Dios Ke Te Crew, Novedades Carminha e Grison. EP
photo_camera Dios Ke Te Crew, Novedades Carminha e Grison. EP

Música, deporte, gastronomía local e cultura urbana. O Esmorgadirt mesturará todo isto na súa próxima edición, que terá lugar o vindeiro 22 de xuño en Sarria con motivo das festas patronais de San Xoán.

Novedades Carminha ofrecerá un dos concertos que terán lugar de forma gratuíta na Praza da Vila. Aos composteláns sumaranse Dios Ke Te Crew, míticos do hip hop galego que se reúnen tras un período de descanso e que presentarán en Sarria o seu novo disco, O ciclo da serpe

Tamén asistirá ao Esmorgadirt Grison, campión do mundo de beatbox e actual colaborador do programa La Resistencia, presentado por David Broncano.

Ademais de música haberá unha exhibición de dirtjump na que participarán varios dos mellores riders do país, actividades para os nenos, sesión vermú e zona gastronómica,

O evento está organizado por Come Prima Produciones e o Concello de Sarria e conta coa colaboración do C. C. DH Galicia (DHGTEAM).
 

Comentarios