Necrolóxica| Manoliño das Pedreiras

A vila sarriá despediu este martes ao veciño Manuel Soto Fernández, Manoliño das Pedreiras, finado aos 76 anos de idade. Nado en Monforte de Lemos, Manoliño trasladouse a vivir a Sarria de mozo e pronto se converteu nunha persoa coñecida na vila. Habitual era a súa presenza nas inmediacións do estanco Carrozas, no cruce da Avenida ou no da Ciguñeira, sempre co seu inseparable transistor, polo que lle chegaban as noticias do seu querido Lemos. Porque, se algo caracterizaba a este veciño, era a súa paixón polo deporte e polo equipo da súa terra natal. Hai máis de dúas décadas, o poeta de Lóuzara, Fiz Vergara Vilariño, adicoulle unha reseña. Cando Manoliño das Pedreiras falte en Sarria "todo ficará máis tristeiro e murchado", deixou escrito.